Evitar navegación.
Principal

ORIENTACIÓN

Orientación

PRIMEIROS AUXILIOS EMOCIONAIS ante a crise do Coronavirus

Ante a situación que estamos a vivir, dende a Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia (ASEIA) poñen en marcha o servizo de “PRIMEIROS AUXILIOS EMOCIONAIS”

O obxectivo deste Servizo é dar cobertura de apoio emocional e orientación psicolóxica, social e educativa, a aqueles/as menores e aos seus coidadores, que se atopen en dificultades de desbordamento emocional derivadas da situación de distanciamento social a causa do estado de alarma decretado pola pandemia do Covid-19.

O Servizo atenderá a adolescentes de entre 12 e 18 anos, e a coidadores/as de nenos e nenas de 0 a 11 anos.

Contacta a través do teléfono 622.245.545 ou no mail aseia.galicia@gmail.com

Moito ánimo!!!!!

                                                                            (pincha na imaxe para máis información)

"ENCONTROS VIRTUAIS" NA USC

 

PARA QUEN?

Alumnado de 2º de Bacharelato, 1º de Bacharelato, 4º de ESO e as súas FAMILIAS.

 CANDO?

 En pleno confinamento a vindeira semana, os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa).

 COMO?

A través desta páxina Web (que estará dispoñible dende o sábado, día 4 de abril)

https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais

 QUE ATOPAREDES?

  •  Presentacións das titulacións
  • Obradoiros, Retos, etc.
  • Opinión de alumnos/as sobre a titulación
  • Pílulas relacionadas coa titulación
  • Concursos
  • A posibilidade de interactuar por VIDEOCONFERENCIA cos/as responsables da titulación para aclarar as vosas dúbidas. Na ligazón de cada titulación indicaranse os horarios de cada unha das videoconferencias.

 

 ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR, SERÁ UN XEITO DE SAÍR DA RUTINA POR UNS DÍAS DE PASO QUE PENSADES NO VOSO FUTURO UNIVERSITARIO!!!!!

 

 

Alumnado de 2º de Bacharelato…Ánimo!!!

Imos dirixir a entrada deste venres aos alumnos e alumnas que están en 2º de Bacharelato, para darlle ánimos, transmitirlle todo o noso apoio e para animalos a pensar en que nun futuro moi próximo, moitos deles estarán iniciando a súa etapa universitaria.

 

Para  eles e elas vai a recomendación desta páxina web.

 

UNISCOPIO é unha nova plataforma dixital de orientación. Contén información de interese para os futuros estudantes universitarios, destacando unha completa descrición de estudos de Graos, incluíndo as materias, saías e outros estudos relacionados.

 

Na web atoparedes:

-         Buscador de Universidades

-         Buscador de estudos por Graos, segundo o seu nome ou áreas de coñecemento.

-         Buscador de Becas

-         Información sobre o acceso á Universidade.

 

Así que...non o pensedes máis e descubride que e onde estudar en...

(pincha na imaxe)

A PESAR DE TODO... SEGUEN A PASAR COUSAS BONITAS

Ilustración de Lourdes Otero Rodríguez

PINCHA NA IMAXE PARA VER ALGO BONITO

APOIO TELEVISADO DENDE TVE E TVG

RTVE comezou a emitir no día de onte Aprendemos en casa, para paliar a falta de clases presenciais motivada pola crise do coronavirus.

Isto servirá para apoiar a aprendizaxe de todo o alumnado durante este tempo.

Son cinco horas diarias de programación educativa, dirixidas a estudantes de entre 6 e 16 anos e se emite en aberto, na franxa matinal de Clan TV e LA 2.

 

Deixámosvos aquí o horario da programación.

 

 

Ademais, A CRTVG emitirá de luns a venres entre as 11:00 e a 13:00 pola G2, un bloque educativo para apoiar os estudantes galegos

Tal e como se recolle na web (enlace), divulgarase o programa Xeoclip, no que se abordan temas incluídos nos currículos de Xeoloxía e Bioloxía e de Xeografía e Historia. Trátase dun espazo destinado especialmente a alumnado de Secundaria e de Bacharelato,

Outra das apostas didácticas éAquelando tamén quedamos na casa”, Con el búscase que a rapazada aprenda de xeito entretido, con explicacións, experimentos e trucos nos que se manexan conceptos e ideas de todas as materias que se poden atopar nos diferentes ciclos educativos.

Os pequenos poderán gozar tamén das series de animación como Era unha vez... o home” e “Era unha vez...os exploradores, Pola súa banda, o programa Criaturas”, achegaralle ao público máis novo o medio natural e os animais desde diversas perspectivas.

Ánimo!!! Risa

UFFF, TODO O DÍA AQUÍ PECHADAS/OS... E TENDO QUE ESTUDAR...

Hai que ter moita forza de vontade para seguir afrontando os estudos durante estes días de peche forzoso, sobretodo se estou en 2º de Bacharelato, que aínda que se teña paralizado todo (https://ciug.gal/gal), nalgún momento retomarán e non queremos que nos colla desentrenados, así que hai que continuar CON CALMA, eso sí.

Aquí vos deixamos algúns conselliños para que poidades levalo o mellor posible (pincha na imaxe). E lembrade que si precisades algo estamos á vosa disposición, contactádenos ainda que sexa para botar un pouco por fora e quedar máis lixeiras/os, que somos moi boas escoitadoras, de acordo?

                                                                                                                                                                                       

FAMILIAS CON TDAH, TEA, OUTRAS DIFICULTADES

Nestes días que se fan difíciles para calquera, non podemos deixar de pensar naquelas persoas e familias con membros con TDAH, TEA ou calquera outra problemática que implique unha dificultade especial para comprender a situación de excepcionalidade na que nos atopamos. O non poder sair á rúa, o cambio de rutinas, o ter que facer os traballos da escola a través da internet... 

Para estas familias, sabede que non estades soas, podedes poñervos en contacto con nós a través dos correos electrónicos e podemos chamarvos se o precisades, non tedes máis que decilo e María ou Berta non poñeremos en contacto con vós para charlar, dar algunha indicación... o que precisedes.

Deixámosvos ademáis este video de Juan Ramos, de ANHIDACORUÑA, que vos axudará a poñervos no lugar dos vosos fillos e fillas nestes días . Grazas xentiña de ANHIDACORUÑA. Grazas pola vosa colaboración e apoio continuos. PINCHADE NA IMAXE.

                                                                                                                                            

RECOMENDACIÓNS DE WEBS PARA OS MOMENTOS DE OCIO

Aquí vos deixamos unhas suxerencias para eses momentos de desconexión...

  • Cortos. Teñen de todo tipo: animación, cómicos, webseries...

             Cortos de Metraje. El sitio web de los cortometrajes online                     

 

  • Libros gratuitos. Tedes a posibilidade de acceder ao fondo de libros de:

 

Ebooks eBiblio: servicio de préstamo de libros electrónicos - eBiblio

 

Descarga gratuita de Amazon eBooks Kindle gratis: Tienda Kindle

 

  • Festival “me quedo en casa” e “cuarentena fest”: moitos artistas a través dos seus perfís de Instagram farán directos.

 

Yo me quedo en casa Festival - 2ª Edición 20,21 y 22 de Marzo

 

para cuarentena fest pincha aquí.

                                                                                                                                             

  • Algúns autores subiron todos os seus libros/comics gratis para quen os queira desfrutar

El Torres comics,

 

El Vosque Comic:

 

  • Documentais de RTVE, moitos e variados:

Documentales online - Los mejores documentales en RTVE.es

 

  • Museo Virtual de Google, para velo todo en 360º. Google Arts and Culture.

Google Arts & Culture

 

  • Pelis RTVE

Películas gratis y online para pasar la cuarentena

 

  • Teatro

http://teatroteca.teatro.es/opac/#resultados

 

  • Cine en galego.

Filmes en aberto

 

  • Xogos de mesa online gratuítos

          Seis webs (y algún extra) para jugar juegos de mesa online, gratis y con amigos

AÍNDA NON SEI QUE VOU ESTUDAR!

Decidir que estudar non é unha tarefa doada, sobretodo se non sabes o que se oferta! A información é poder. Cada quen debería facer un traballo persoal de investigación sobre a oferta educativa para poder tomar unha decisión reflexiva, con bo xuizo. 

Tampouco é fácil atopar un bo momento para facer este tipo de indagacións, sempre xurde algo máis interesante... pero mira, se estes días se che fan monótonos (Guiño), velaquí tes unha serie de enlaces que che poden facilitar a tarefa da que falabamos. Pincha na interrogación.                                                                                                                                                                                                              

Probas de acceso ó GRAO de CIENCIAS da ACTIVIDADE FÍSICA e do DEPORTE 2020-2021

Convocadas as probas de aptitudes específicas para o acceso ao GRAO DE CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE, tanto na Universidade da Coruña como na Universidade de Vigo. Aquí están ambas convocatorias.

 

UNIVERSIDADE DE VIGO: http://fcced.uvigo.es/images/docs/estudios/grado_ccafd/pruebas_fisicas/Procedemento_inscricion.pdf

 

UNIVERSIDADE DA CORUÑA:

https://probasinefgalicia.udc.es/inscricion/paxina-inicio.htm

 

Distribuir contenido