Evitar navegación.
Principal

"ENCONTROS VIRTUAIS" NA USC

 

PARA QUEN?

Alumnado de 2º de Bacharelato, 1º de Bacharelato, 4º de ESO e as súas FAMILIAS.

 CANDO?

 En pleno confinamento a vindeira semana, os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa).

 COMO?

A través desta páxina Web (que estará dispoñible dende o sábado, día 4 de abril)

https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais

 QUE ATOPAREDES?

  •  Presentacións das titulacións
  • Obradoiros, Retos, etc.
  • Opinión de alumnos/as sobre a titulación
  • Pílulas relacionadas coa titulación
  • Concursos
  • A posibilidade de interactuar por VIDEOCONFERENCIA cos/as responsables da titulación para aclarar as vosas dúbidas. Na ligazón de cada titulación indicaranse os horarios de cada unha das videoconferencias.

 

 ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR, SERÁ UN XEITO DE SAÍR DA RUTINA POR UNS DÍAS DE PASO QUE PENSADES NO VOSO FUTURO UNIVERSITARIO!!!!!