Evitar navegación.
Principal

PRIMEIROS AUXILIOS EMOCIONAIS ante a crise do Coronavirus

Ante a situación que estamos a vivir, dende a Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia (ASEIA) poñen en marcha o servizo de “PRIMEIROS AUXILIOS EMOCIONAIS”

O obxectivo deste Servizo é dar cobertura de apoio emocional e orientación psicolóxica, social e educativa, a aqueles/as menores e aos seus coidadores, que se atopen en dificultades de desbordamento emocional derivadas da situación de distanciamento social a causa do estado de alarma decretado pola pandemia do Covid-19.

O Servizo atenderá a adolescentes de entre 12 e 18 anos, e a coidadores/as de nenos e nenas de 0 a 11 anos.

Contacta a través do teléfono 622.245.545 ou no mail aseia.galicia@gmail.com

Moito ánimo!!!!!

                                                                            (pincha na imaxe para máis información)