Evitar navegación.
Principal

FAMILIAS CON TDAH, TEA, OUTRAS DIFICULTADES

Nestes días que se fan difíciles para calquera, non podemos deixar de pensar naquelas persoas e familias con membros con TDAH, TEA ou calquera outra problemática que implique unha dificultade especial para comprender a situación de excepcionalidade na que nos atopamos. O non poder sair á rúa, o cambio de rutinas, o ter que facer os traballos da escola a través da internet... 

Para estas familias, sabede que non estades soas, podedes poñervos en contacto con nós a través dos correos electrónicos e podemos chamarvos se o precisades, non tedes máis que decilo e María ou Berta non poñeremos en contacto con vós para charlar, dar algunha indicación... o que precisedes.

Deixámosvos ademáis este video de Juan Ramos, de ANHIDACORUÑA, que vos axudará a poñervos no lugar dos vosos fillos e fillas nestes días . Grazas xentiña de ANHIDACORUÑA. Grazas pola vosa colaboración e apoio continuos. PINCHADE NA IMAXE.