Evitar navegación.
Principal

ORIENTACIÓN

Orientación

Charlas Orientación Académico-Profesional.

 

 
  Os alumnos de 2º de Bacharelato recibiron charlas de Orientación Académico-Profesional a cargo de responsables da USC da UVigo e do especialista do EOE de Orientación Vocacional e Profesional que explicou o acceso e a oferta en FP. Gracias a todos pola súa colaboración con nós.

CADRO-RESUMO ABAU 2021

CADRO-RESUMO ABAU 2021. ELABORADO POLO EOE ESPECIALIDADE ORIENTACIÓN VOCACIONAL.

ORIENTACIÓN ACADÉMICO-PROFESIONAL 2º BACHARELATO

Charlas de Orientación académico-profesional para 2º de Bacharelato. Días e horas asignadas no cadro adxunto.

PROBAS ACCESO A CICLOS GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR 2021

Convocadas as probas de acceso. Adxúntase o calendario na ligazón. 

Para máis información poñédevos en contacto có Departamento de Orientación (citaorientacion@iesblancoamor.com).

http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/9041

XA PASOU A ABAU... AGORA...

Antes de nada, NORABOA!!!!!!!!!!!

Atención, información importante para o alumnado que superou a ABAU!

Neste enlace atoparedes toda a información necesaria para os pasos a seguir para o proceso de admisión no sistema universitario de Galicia:

https://www.udc.es/es/futuros_estudantes/graos/admision/index.html#1

(especialmente interesante un video explicativo sobre o procedememnto para facer a inscrición en NERTA)

 

  • Fixádevos ben nas datas (este ano hai cambios por mor do COVID) para non perder ningún prazo.
  • O prazo de matrícula en liña será de dous día hábiles!!!! Neste prazo debedes matricularvos ou CONFIRMAR O INTERESE EN SEGUIR NAS LISTAXES, de non confirmalo decaeredes dos vosos dereitos!!!!!!
  • Lede ben toda a información e as preguntas frecuentes, de ser o caso no enlace atoparedes teléfonos para consultar dúbidas.

 

 

 

Aquí vos deixo unha mensaxe da UDC:

 

Temos as portas abertas da nosa Universidade: O camiño para inventar o futuro!, por se o voso alumnado ten dúbidas do Grado que quere estudar.

https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/portas_abertas/, vai a atopar:

 

  • Vídeos das titulacións, testemuños de alumn@s e a Vida Universitaria que lle ofrece a UDC

 

Tamén nos poden atopar en Twitter: https://twitter.com/udc_gal e Facebook: https://www.facebook.com/udc.gal/

 

 

ADMISIÓN CICLOS FORMATIVOS 20/21

O próximo 25 de xuño comeza o proceso de admisión en Ciclos Formativos: FP Dual, Ciclo Medio e Ciclo superior.

 

Consulta o calendario para FP DUAL:    

Consulta o calendario para RÉXIME ORDINARIO e para PERSOAS ADULTAS

 

 

MÁIS INFORMACIÓN:

 

O xoves, 25 de xuño ás 12.00 teremos unha reuniónpara falar do proceso admisión e resolver dúbidas a través de Meet no seuinte enlace:

 

INSTRUCIÓNS ACCESO e ADMISIÓN a ENSINANZAS SUPERIORES de

 

 

    (pincha na imaxe para máis información)                                                         

 

     (pincha na imaxe para máis información)

   

 

         (pincha na imaxe para máis información)

     

 

 (pincha na imaxe para máis información)

 

 

 

 

CENTROS RESIDENCIAIS DOCENTES

Se vas facer estudos postobrigatorios non universitarios e non tes a posibilidade de estudar preto da casa porque non existe esa oferta, podes acceder a unha praza nun centro residencial docente.

Ollo, o prazo para presentar solicitudes remata o 10 de xullo.

Accede á información pinchando nas imaxes.


VIDEO EXPLICATIVO ABAU e RESOLUCIÓN DE DÚBIDAS EN MEET

Nunha entrada anterior tiñades información útil para as/os que vos ides presentar a ABAU. Hoxe queremos compartir este video que explica moi claramente como vai ser ese día paso a paso (como se fan os chamamentos, que facer cos códigos que vos entregan, se se pode levar móbil, calculadora, tipo de reloxio...). Dura 5 minutos e merece a pena velo.

 

Aproveitamos para recordarvos que o martes, 9 de xuño ás 17:00 Berta estará dispoñible para resolver dúbidas (ABAU, Ciclos...) no seguinte enlace:

 

Distribuir contenido