Evitar navegación.
Principal

Avisos

Concurso "Polo bo trato" contra a violencia de xénero

Por segundo ano consecutivo o Concello de Culleredo convocou un concurso de videos, cuñas radiofónicas e tuis, relacionados coa violencia de xénero, dirixido ao alumnado de 4º da ESO. O propio día 25 de novembro celebrouse no noso IES o acto de entrega de premios, ao que asistiron representantes de toda a comunidade educativa e do concello. Os asistentes poideron disfrutar dos traballos premiados, o que permitiu , dun xeito máis intenso, o tema do maltrato. Engadir que Radio Culleredo presentou o evento e organizou, para rematar, una tertulia radiofónica cos finalistas que, ademáis, foron convidados a repetir as súas gravacións no propio local da emisora.

Se queredes información máis detallada do evento a atoparedes en biblioebacomentada.

 Nos seguintes enlaces se pode acceder a listado de finalistas, videos, cuñas e tuits. Noraboa por contribuír, dende a perspectiva adolescente , á loita "Polo bo trato".

Ir a listado de finalistas

Ver cartel

Ir a vídeos

Ir a cuñas

En Radio Culleredo

 

 

 

 

III Xogos Escolares. Fútbol 7 feminino: IES Blanco Amor A 5 - Compañía de María 1

Comezou a terceira edición dos Xogos Escolares Intercentros co debut do primeiro dos dous equipos femininos que presenta o noso centro este ano, no campo de A Lavandeira ante Compañía de María.

E o fixo cunha victoria que costou bastante máis traballo do que indica o marcador final. Un gol de Ángela Fariña adiantou ao Blanco Amor, pero poucos minutos despois Compañía empatou cun forte disparo, chegándose ao descanso con 1-1.

Na segunda parte o dominio das nosas xogadoras foi moito maior que na primeira, pero as ocasións non se aproveitaban e ata a metade do segundo periodo non chegou o 2-1, a cargo de Sara Iglesias, que moi pronto anotou tamén o 3-1 que encarrilaba o partido. Nos últimos minutos dous goles de Sara Regueira, o primeiro de eles dun gran disparo situaban o marcador definitivo en 5-1.

Ademáis das goleadoras xogaron Elena Abad e Giulliana Mernies como porteiras e Andrea Seijo, Ainoa Don, Cristina Vázquez, Ana Sánchez, Paula Sieira, Xana Stirling, Gabriela Rodrigues e Jéssica Insua como xogadoras de campo.

O próximo mércores, 3 de decembro será o turno do IES Blanco Amor B feminino.

II Xogos Escolares. IES EBA 7 - IES Adormideras 0 (F-7 feminino) e IES EBA 8 - IES Adormideras 3 (Fútbol 11 ESO)

Coa disputa do partido de fútbol masculino categoría ESO entre o IES Blanco Amor e o Puga Ramón o mércores, 26 de febreiro ás 16:45 no campo de A Lavandeira rematará a fase de grupos, previa as eliminatorias, para os equipos do noso IES.

No caso do fútbol 7 feminino, xa rematou co partido disputado entre o equipo do noso centro, co reultado de  7-0, con dous tantos cada unha de María Geremías, Ángela Fariña e Gabriela Rodrigues e ún de Marta Pazos. Con este resultado, confirmou o liderato definitivo e agarda rival no cuarto clasificado do grupo B.

O equipo masculino venceu tamén ao equipo do IES Adormideras por 8-3, con tantos de Christian Martínez Díaz (2), Mauro Fleitas (2), Javier Miranda, Enrique Celada, Brandon Vélez e Marcos Martínez.

II Xogos Interescolares. Arranque con victorias

Iniciouse a competición nos II Xogos Escolares, nos que o noso centro presenta dous equipos: ún de fútbol masculino, categoría ESO e outro de fútbol-7 feminino.

O equipo feminino quedou enclavado no grupo A, que xa lidera tras dúas victorias. A primeira contra o IES Zalaeta, por 10-3, tantos anotados por Sara Iglesias (4), Marta Pazos (3), e Sara Regueira, Gabriela Rodrigues e Ana Sánchez. A segunda contra o IES Monte das Moas por 4-0, con goles de Marta Pazos, Gabriela Rodrigues, Sara Iglesias e María Geremías.

O equipo de fútbol masculino venceu por 4-2 ao IES Eusebio da Guarda, con dous goles de Javier Miranda, un de Mauro Fleitas e outro en propia meta do equipo contrario.

I Xogos Escolares. Baloncesto: IES Blanco Amor 45- IES Eusebio da Guarda 13.

O venres 14 iniciouse a competición do baloncesto 3x3, que finalmente será mixto por falta dun mínimo de equipos femininos. Sen embargo, o noso instituto decidiu seguir particpando co equipo feminino que xa tiña inscrito. Pilar Burillo, Rokhaya Diop, Laura Fernández, Mariña Filgueiras e Sandra Rivadulla  foron as participantes no partido.

O venres 21, ás 17:10, no polideportivo da Sardiñeira, novo partido contra o Basket Coruña B.

Calendario fútbol 7 feminino

Calendario fútbol masculino ESO

Calendario Baloncesto 3x3 feminino

CAMPIONATO GALEGO DE ATLETISMO

DÚAS MEDALLAS NOS CAMPIONATOS GALEGOS DE ATLETISMO DA CATEGORÍA INFANTIL

O sábado 21 de maio celebrouse nas pistas de Monterrei (Ourense) o Campionato Galego de Atletismo en categoría Infantil. Había sete atletas clasificados do IES Blanco Amor para dez probas diferentes, aínda que dous deles non puderon acudir á cita.

Salientar as dúas medallas de bronce obtidas por David Ares Patiño, nos 80 m. valados e Lucas Pérez Paz, nos 220 m. valados. David Ares tamén acadou un meritorio 6º posto na Xavalina. 

O resto dos nosos atletas acadou os seguintes resultados:

- Ainoa Don Sánchez foi 5ª nos 220 metros valados.
- Mariana Pereira Urtiaga foi 6ª en disco e 9ª en Xavalina.
- María Geremías Taboada, 8ª nos 3.000 m.l. e 12ª na Xavalina.

Distribuir contenido