Evitar navegación.
Principal

Avisos

O Concello de Culleredo oferta clases de reforzo escolar este verán

O Concello de Culleredo, no seu plan de loita contra o fracaso escolar, organiza clases de reforzo escolar, gratuítas, para este verán. Este programa está dirixido a tódolos niveis de ensinanza: de 3º a 6º de Primaria, de 1º a 4º de ESO e de 1º e 2º de Formación Profesional.

Estas aulas de reforzo educativo teñen como finalidade resolver dúbidas, preparar exames e traballos académicos. Cada grupo terá un mínimo de seis alumnos ata un máximo de quince. O prazo de preinscrición abrirase o próximo 27 de xuño e as clases comezarán o 4 de xullo en Vila Melania (Vilaboa).

O Concello tamén ofrece clases de apoyo para preparar as probas libres de obtención do título de graduado en ESO dirixidas ao alumnado que no seu día abandoou os estudos. A inscrición abrirase tamén o día 27 e as clases serán en Vila Melania.

Circular informativa ás familias: calendario de fin de curso

A circular inclúe o calendario lectivo ata fin de curso, datas de entrega de notas, prazo de reclamacións, prazo de matrícula e outra información relevante que se entregará ao alumnado xunto con esta circular.

Acceso á circular

NOVO TELÉFONO IES BLANCO AMOR

O IES Eduardo Blanco Amor cambiou recentemente o seus números de teléfono. Os novos números son os seguintes:

  • Teléfono principal: 881 960 347
  • Número de fax: 881 960 356

Información sobre servizos educativos complementarios

Servizos educativos complementarios:

O centro ofrece servizo de comedor escolar e servizo de transporte escolar. Só terán dereito a estes servizos os alumnos que por domicilio lles corresponda este centro, é dicir, só os alumnos da área de influencia do IES E. Blanco Amor

Normativa de organización e funcionamento do comedor escolar:

-        Decreto 132/2013 do 1 de agosto (DOG do 13 de agosto) polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en educación.

Normativa sobre transporte escolar:

-         Sobre o dereito ao uso dos servizos complementarios gratuítos: artigo 6 da Orde do 12 de marzo de 2013, da Consellería de Cultura, Educación e O. U. (DOG 53 do 15 de marzo) pola que se regula o procedemento para a admisión de alumnos en educación secundaria en centros docentes sostidos con fondos públicos.

-       Sobre o dereito ao servizo de transporte escolar: artigo 1º do decreto 203/1986 de 12 de xuño polo que se regulan determinados aspectos do transporte escolar

-    Sobre o número de viaxeiros de cada vehículo: artigo 4º apartado 12 do R.D. 443/2001 de 27 de abril. (BOE 2/5/01) sobre condicións de seguridade no transporte escolar

-   Sobre a modificación de itinerarios do transporte escolar: Circular 7/98 da Secretaría Xeral de Educación pola que se regula a modificación de itinerarios de transporte escolar.

A INFORMACIÓN SOBRE A ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2016-17 PÓDESE ATOPAR NA PÁXINA WEB DO CENTRO: 

www.edu.xunta.gal/centros/iesblancoamorculleredo

Os impresos de solicitude pódense atopar na Administración, na páxina web da Consellería e na páxina web do centro.

Culleredo, 1 de  marzo de 2016

Fin de trimestre

Lembrámoslles que está aberta a campaña de Nadal para recollida de xoguetes ata o día 22 de Decembro. Fronte a Conserxería atoparán un colector onde depositalos.

Os boletíns de notas entregaranse os días 17 e 18 de decembro,e serán devoltos asinados o 18 de decembro  ou o 7 de xaneiro, a criterio dos profesores titores.

As clases finalizarán o día 18. Este día algúns alumnos participarán en actividades organizadas para a ocasión. O resto terá clase normal. En todos os casos mantense o horario habitual.

As clases comezarán o 7 de xaneiro.

Información sobre visita escolar do alumnado de Relixión. Enlace

 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA 2014-2015

Vai publicarse proximamente no DOG a convocatoria dos Premios Extraordinarios de ESO (Orde 26 xuño 2015).

Cada premio está dotado con 750 euros, e o alumno que o obteña recibirá ademáis un diploma acreditativo, quedando anotada esta distinción no seu expediente académico.

Para optar a estes premios hai que ter unha media igual ou superior a 9,00 puntos contando a media aritmética das calificacións en todas as materias dos catro cursos da etapa (a excepción da materia de Relixión). As calificacións de "apto", "exento" ou "convalidado" non serán tidas en conta.

O prazo de presentación das solicitudes será de 20 días a partir do día seguinte ao da publicación da Orde no DOG.

Os aspirantes aos premios extraordinarios deberán realizar unha proba estructurada en dúas partes de dúas horas como máximo de duración cada unha delas.

Para máis información, consultar a Orde aquí.

Información sobre as probas libres para a obtención do título da ESO

Rematado o prazo de solicitudes para as probas libres para a obtención do título da ESO, presentouse neste centro a seguinte solicitude:

Nicula, George Andrei.

Achéganse arquivos adxuntos coa información sobre o as datas de exame e o protocolo para a realización das probas libres para a obtención do título da ESO.

Ir a datas de exame

Ir á información do protocolo

Celebración do Entroido 2015

A ANPA organiza un Festival do Entroido con concursos e disfraces individuais e en grupos, e un concurso de carteis. O Festival terá lugar o día 13 de febreiro durante as tres últimas horas de clase.

Os alumnos non poderán asistir disfrazados ás clases, pero se lles dará tempo para que o fagan despois delas. Ao finalizar o Festival, ás 14:10 horas, os alumnos retornarán ás súas casas como habitualmente.

Culleredo, 28 de xaneiro de 2015

A dirección

Distribuir contenido