Evitar navegación.
Principal

Avisos

VOTA!!! 12 DE MAIO: DÍA DAS MATEMÁTICAS NOS CENTROS ESCOLARES

Explícoche Matemáticas 2.0 é un concurso da Facultade de Matemáticas da USC.
Trátase de facer un vídeo de máximo dous minutos explicando algún contido matemático.
Levará premio o mais votado na web polo que vos animamos  a velos e a colaborar co voso voto nos tres vídeos seguintes cos que participa o noso instituto.

 

Resolución de sistemas de ecuacións lineais polo método de Gauus

A suceción de Fibonacci

Explícoche 2.0 _álxebra

XORNADA DEPORTIVA 7 de abril 2017

 

Para rematar a segunda avaliación o alumnado do IESEBA organizou unha interesante xornada deportiva na que cabe destacar o bo clima entre xogadores e espectadores, a rivalidade e  deportividade entre os equipos.

Grazas ao esforzo e gran traballo de alumnos colaboradores ademais do bo comportamento de todos  a xornada foi un éxito.

Noraboa!!! 

 

ADMISIÓN 2017-18 - LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

XA ESTÁ PUBLICADA A LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS NO PROCESO DE ADMISIÓN.

TODA A INFORMACIÓN NO APARTADO CORRESPONDENTE DA NOSA WEB.

INFORMACIÓN FOLGAS

Hai una convocatoria de Folga Xeral para o día 8 de marzo e outra de Folga do Ensino para o día 9 de marzo.

Durante as folgas o centro permanecerá aberto no seu horario habitual, funcionará o transporte escolar e os alumnos serán atendidos polos seus profesores habituais, ou na súa ausencia, polos profesores de garda.

CONCERTO CONSERVATORIO CULLEREDO

O día 21 de febreiro de 2017, alumnado de música de 3º e 4º de ESO do noso centro, ofreceron un concerto didáctico no auditorio do Conservatorio de Culleredo, organizado e dirixido polo seu profesor, Julián Pérez.

Premendo na imaxe da dereita pódese acceder ó programa, e se o fas sobre a fotografía superior verás máis fotos do día do concerto.

Tamén se pode ver no seguinte link a reseña que apareceu pubricada no diario La Opinión.

   

     

Xornada de acollida ás familias

Tal e como se falou na reunión coas familias deixamos AQUÍ A LIGAZÓN Ó VIDEO polo que mostraron interese.

O luns 17 de outubro ás 18:15 terá lugar a Xornada de acollida ás familias.

As familias dos alumnos, agás os de 1º da ESO, acudirán directamente ás aulas onde reciben clase os seus fillos para ser atendidos de forma grupal polo/a titor/a.

As dos alumnos de 1º da ESO reuniranse primeiramente coa directora na sala de Usos Múltiples, onde recibirán información xeral sobre a ESO e o funcionamento do centro. Seguidamente dirixiranse ás aulas dos seus fillos para ser atendidos polo/a titor/a do seu grupo.

Ó final, todos poderán visitar libremente o centro.

Nestes días farémoslles chegar unha circular informativa sobre a devandita xornada.

Tamén se informará sobre o programa Ponte a Punto, que se impartirá polas tardes por monitores do Concello, co fin de reforzar o estudo.

 

Setembro 2016

1. Calendario de exames setembro.

Aviso: falta no calendario exames setembro Relixión católica e evanxélica. Serán o día 5 de setembro ás 11.30 (1º ESO : aula 2ºC, 2º ESO: aula Usos Múltiples).

2. Entrega de notas día 7 de setembro de 10:00 a 10:30 horas. Non haberá transporte escolar.

3. Matrículas:

7 DE SETEMBRO: Matrícula de alumnos de 3º, 4º de ESO e 1º de Bacharelato, en horario de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 18:00 en Secretaría.     Para matricularse teñen que pagar o seguro escolar (1.12 euros) na seguinte conta de ABANCA: ES 86 2080 0065 3030 40009693, e traer o resgardo.

8 DE SETEMBRO: Matrícula de alumnos de 1º e 2º de ESO en horario de 9:00 a 14:00 en Secretaría. Non teñen que pagar seguro escolar.

Impresos ESO

Impresos Bacharelato

Calendario de admisión na FP Básica

Acceso á convocatoria de becas e axudas para Bacharelato e alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

4. Entrega dos libros de texto mercados coas axudas: antes do día 9 de setembro en Conserxería. Os alumnos que o día 9 non entregaran os libros, quedarán excluídos das axudas e do Fondo.

 

Aviso

Durante a primeira quincena de agosto atenderémoslles chamando ao teléfono: 677342629, en horario de 10:00 a 13:00 horas.

Se, por calquera motivo, a súa chamada non pode ser atendida, deixen a súa mensaxe e porémonos en contacto con vostede.

Culleredo, o 29 de xullo de 2016

Convocados os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico no curso 2015-16

O día 27 de xullo saíu publicada no DOG a orde do 7 de xullo da Consellería de Educación, pola que se convocan os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2015-16.

- Os premios, dotados de 750 euros e diploma acreditativo, están destinados para alumnado que cursou 4º da ESO no 2015-16 e ten 9.00 de media ou máis.

- O prazo de presentación das solicitudes é de 20 días naturais contados a partir da publicación da Orde no DOG.

- É o alumno ou a alumna, ou os seus representantes legais, quen debe presentar a solicitude de participación en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Para estes efectos, non son válidos os rexistros dos centros educativos.

- A proba para a concesión dos premios terá lugar no mes de setembro.

Acceso á orde no Diario Oficial de Galicia.

Horario de verán

O horario de atención ao público na Administración deste centro educativo durante os meses de xullo e agosto será de 10:00 h a 13:00 h, de luns a venres, agás días festivos.

Distribuir contenido