Evitar navegación.
Principal

Avisos

Premios de ESO ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2017/18

Convocados os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2017/2018.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 21 de setembro de 2018. Toda a información aquí

 

Prazo validacións Música

Poderá solicitar as validacións o alumnado que estea cursando ou teña cursado ensinanzas profesionais de Música e de Danza.

O interesado en solicitar a validación dunha materia de ESO ou de bacharelato ou, no caso de menores de idade, os seus pais ou titores legais presentarán durante o mes de setembro a solicitude de validación. Coa dita solicitude achegarase a documentación que acredite que o alumno/a está a cursar ou xa cursou e superou os estudos utilizados para a validación.

DOG Núm.96 Disposición adicional: Medidas de ordenación académica para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral

AVISO IMPORTANTE ALUMNADO 4ºESO

OS HISTORIAIS ACADÉMICOS DOS ALUMNOS QUE REMATARON 4ºESO PODERANSE RECOLLER EN SECRETARÍA A PARTIR DO LUNS DÍA 16 DE XULLO

CALENDARIO ACTIVIDADES día 21 de XUÑO 2018

Pódese consultar AQUÍ o calendario de actividades previstas para o 21 de xuño

Concerto conmemorativo do "DÍA EUROPEO DE LA MÚSICA" 2018

O vindeiro xoves 21 de xuño, ás 18:00 h. na Igrexa de Santiago do Burgo celebrarase un concerto conmemorativo do "DÍA EUROPEO DE LA MÚSICA"

Protagonizado por grupos de alumnos do centro e dirixidos polo seu profesor Julián Jesús Pérez.

Dende aquí se pode acceder ao CARTEL e ao PROGRAMA

CIRCULAR FAMILIAS - INSTRUCCIÓNS FIN DE CURSO 2018

No día de hoxe enviouse, a través dos alumnos, unha circular informativa ás familias con información sobre o fin de curso e a entrega de libros de texto ao fondo solidario, así como a folla para a solicitude de transporte e comedor.

Para acceder a ditos documentos premer AQUÍ

ADMISIÓN CURSO 2018-19 - Listaxes definitivas de admitidos e non admitidos

Xa están publicadas as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos no bloque de ADMISIÓN CURSO 2018-19.

Tamén se pode acceder directamente dende AQUÍ

SECCIÓNS BILINGÜES CURSO 2018/2019

Xa está publicada no bloque de SECCIÓNS BILINGÜES CURSO 2018-19 a información necesaria. Iranse actualizando os enlaces nas datas que se indican.

Tamén se pode acceder directamente dende AQUÍ

INSTRUCCIÓNS ENTROIDO 2018

Para as actividades que se desenvolverán no centro o venres día 9 de febreiro, deberanse seguir as seguintes NORMAS.

Gracias a todos pola vosa colaboración!!

Italiano per principianti

 

A profesora Paula Pazos está a impartir na sala de usos múltiples do centro, durante os primeiros recreos dos martes e venres, un curso de italiano para principiantes, co fin de que os alumnos que viaxan a Roma adquiran unhas nocións básicas do idioma.

Animádevos a asistir!!!

Distribuir contenido