Evitar navegación.
Principal

Avisos

COMUNICADO ÁS FAMILIAS - INICIO DE CURSO 2020-21

Dende AQUÍ poden acceder á nova información do comezo de curso 2020-21

RECOLLIDA LIBROS DO FONDO SOLIDARIO PARA O CURSO 2020/2021

A recollida de libros de 4º ESO farase o luns 21 de setembro do seguinte xeito:

Ás 10:00 horas: alumnado co apelido do A ao G

Ás 10:30 horas: alumnado co apelido do H ao P

Ás 11:00 horas: alumnado co apelido do R ao S

Ás 11:30 horas: alumnado co apelido do T ao Z

 

TODO o alumnado que non puido vir nas datas especificadas, poden vir recoller os libros de texto o luns 21 de setembro ás 12:00 horas

RECOLLIDA LIBROS DO FONDO SOLIDARIO PARA O CURSO 2020/2021

A recollida de libros de 2º ESO farase o xoves 17 de setembro do seguinte xeito:

Ás 10:00 horas: alumnado co apelido do A ao C

Ás 10:30 horas: alumnado co apelido do D ao F

Ás 11:00 horas: alumnado co apelido do G ao I

Ás 11:30 horas: alumnado co apelido do J ao M

Ás 12:00 horas: alumnado co apelido do N ao P

Ás 12:30 horas: alumnado co apelido do R ao Z

A recollida de libros de 3º ESO farase o venres 18 de setembro do seguinte xeito:

Ás 10:00 horas:alumnado co apelido do A ao B

Ás 10:30 horas: alumnado co apelido do C ao E

Ás 11:00 horas: alumnado co apelido do F ao H

Ás 11:30 horas: alumnado co apelido do I ao M

Ás 12:00 horas: alumnado co apelido do N ao P

Ás 12:30 horas: alumnado co apelido do R ao Z

Aos alumnos de 4º ESO irémoslles informando de cando poden vir polos libros. Igualmente faremos cos alumnos que non poidan vir nas datas e horas especificadas

 

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR curso 2020-21

As familias de alumnos de 1º de ESO que solicitaron libros de texto deberán recollelos mañá 16 de setembro de 10:00 a 13:00 horas.

Se alguén non pode vir mañá nese horario lles volveremos a informar de cando deben vir.

AVISOS - INICIO DE CURSO 2020-21

Lamentamos a situación de incerteza con respecto ao comezo de curso que estamos a vivir. En canto teñamos información segura sobre os diferentes temas que lles interesan a iremos publicando nesta páxina web. Rogámoslles que estean pendentes. Ademais estreitamos o contacto co ANPA para traballar de forma coordinada. 

Doutra banda algunhas familias comunícannos que en Abalar móbil están a aparecer datos que non se corresponden coa realidade. Non fagan caso deles xa que son provisionais e non necesariamente se corresponderán cos definitivos. 

Por último comunicarlles que entre as medidas de seguridade fronte ao COVID que tivemos que adoptar está a de evitar desdobres e interaccións entre os alumnos, por este motivo algunhas optativas sufriron certos reaxustes que coñecerán os primeiros días de clase.

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR curso 2020-21

Publicadas no taboleiro do centro as listaxes do fondo solidario e axudas de libros de texto para alumnado de 2º, 3º e 4º ESO

Tamén se poden consultar telemáticamente a través da aplicación fondo libros usando certificado dixital.

Os cheques de material estarán  dispoñibles en conserxería a partir do martes 15 de setembro.

Lémbrase que o horario de atención ao público é de 10:00 a 13:00 horas.

AVISO - INICIO DE CURSO 2020-21

Nos próximos días publicaremos instrucións e información sobre o comezo de curso.

De momento adiantámoslles o seguinte:

As clases serán en horario de mañá, de 08:30 a 14:10, para o alumnado de ESO, o cal terá transporte escolar. Non haberá clase os luns pola tarde para esta etapa, e esas dúas horas impartiranse tamén pola mañá, o que implicará reaxustes na distribución do horario. 

As clases serán en horario de tarde, para o alumnado de BACHARELATO, de 15:30 a 20:30 os luns, mércores e venres; e de 15:30 a 21:15 os martes e xoves.

Para poder manter nas aulas a distancia de seguridade de 1,5 m, van desdobrar a maioría dos grupos, que contarán co seu titor correspondente, o que supoñerá unha ratio claramente inferior. 

Iremos ampliando información segundo vaian sendo aprobados os acordos polos órganos colexiados do centro. Estean por iso pendentes desta páxina.

A DIRECCIÓN

AVISO - MATRÍCULA 2020-21

Toda a información e instruccións da matrícula 2020-21 no bloque correspondente situado na parte superior do lateral dereito da páxina.

Tamén se pode acceder directamente dende AQUÍ

AVISO - DEVOLUCIÓN LIBROS DE TEXTO

A devolución de libros de texto farase os días 3 e 4 de setembro en CONSERXERÍA de 10:00 a 13:00 horas.

AVISO COVID - EXAMES SETEMBRO

O alumnado que debido á COVID non poida asistir de xeito presencial aos exames de setembro, deberá comunicalo canto antes enviando ao correo do centro: ies.blanco.amor.culleredo@edu.xunta.es, un xustificante médico escaneado, indicando así mesmo, o nome e apelidos do alumno/a, curso, grupo e materias das que se ten que examinar, así como un enderezo de correo electrónico, no que recibira as instrucións para realizar as probas extraordinarias.

Distribuir contenido