Avisos
INFORMACIÓN TAQUILLAS E ALTAS SOCIOS ANPA “A GALERA”
Toda a información no espazo da ANPA "A GALERA". Pódese acceder directamente dende AQUÍ
CALENDARIO FIN DE CURSO 2020-21
Premer AQUÍ para ver o CALENDARIO de fin de curso.
TRANSPORTE E COMEDOR ESCOLAR CURSO 2021/2022
Os alumnos que queiran solicitar transporte e/ou comedor para o vindeiro curso deberán cubrir e asinar unha solicitude que poderán descargar premendo AQUÍ ou solicitala en administración.
Ao novo alumnado informaráselle ao facer a matrícula.
DEVOLUCIÓN LIBROS DO FONDO SOLIDARIO CURSO 2020/2021
Consultar AQUÍ as indicacións para a devolución de libros do fondo solidario.
Procedemento de reclamación das cualificacións e das decisións de promoción e titulación
Referencia legal:
Circular 2/2021 da Secretaría Xeral de Ecuación e Formación Profesional pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato, para o curso 2020/21.
Premendo nos enlaces é posible acceder aos modelos de reclamación:
AVISO - CONCURSO BOOKFACE 2021
AMPLÍASE o prazo para concursar ata o domingo día 2 de maio ás 20:00 horas
ENQUISA SOBRE CONVIVENCIA ESCOLAR 2020-2021
A Consellería de Educación a través da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, está a realizar unha enquisa sobre a convivencia escolar entre todos os membros da comunidade educativa. A dirección encargarase de xerar as claves de acceso para todos os membros da comunidade educativa, de xeito totalmente aleatorio, garantindo así o anonimato dos participantes. Os destinatarios poden acceder ao cuestionario, coas claves aleatorias que se lles asinen, a través da aplicación convivenciaxestion nos seguintes links: |
|||||||
|
|
|
|||||
Con tal motivo enviarase ás casas das familias, a través do alumnado,a carta remitida pola Consellería con todas as indicacións oportunas, e recibirán un aviso sobre a dispoñibilidade da enquisa a través de Abalar móvil. O alumnado de ESO realizaran a enquisa no centro. O prazo remata o 29 de abril. |
CRIBADO DE POBOACIÓN ADOLESCENTE DE 12 A 17 ANOS
|
Comunicámoslles que a Consellería de Sanidade, o SERGAS, e o Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña realizan, dende o 19 de abril, un cribado entre a poboación adolescente de 12 a 17 anos para a detección do COVID-19. O grupo ao que vai dirixido son cidadáns desta franxa de idade que: 1) non tivesen resultado positivo en COVID-19 no últimos tres meses 2) Actualmente non son contactos de seguimento COVID-19 3) Non realizasen unha PCR no últimos quince días 4) non presenten síntomas de estar a padecer a enfermidade. As farmacias de cada municipio colaborarán con esta campaña dispensando os kits de auto recollida de mostra en saliva, informando tamén sobre como realizar a toma da mostra, e como proceder para a súa posterior avaliación e resultado. O obxectivo é a detección de casos COVID-19 en persoas que non manifestan síntomas ou estes son inapreciables. As farmacias adheridas colocarán un cartel da campaña en lugar visible para favorecer a identificación por parte da poboación. Culleredo está incluída na zona de cribado. Por tanto as persoas que estean dentro dos requisitos establecidos poderán dirixirse á farmacia máis próxima adherida á campaña e solicitar gratuitamente o cribado. No seguinte link pódese acceder ás FARMACIAS participantes |
AVISO ADMISIÓN CURSO 2021-2022 - Listaxes provisionais de admitidos
Xa están publicadas as listaxes provisionais de admitidos no taboleiro de anuncios do centro dende hoxe, 14 de abril de 2021