Evitar navegación.
Principal

Taboleiro

XORNADAS DE ACOLLIDA CURSO 2018-2019

Os días 22 e 29 de outubro ás 18:15 horas terán lugar as xornadas de acollida para as familias 

O día 22 de outubro, para as familias de alumnos de 1ºESO A, 1ºESO-B, 1ºESO-C, 2ºESO, 3ºESO e 4ºESO 

O día 29 de outubro, para as familias de alumnos de 1ºESO-D, 1ºESO-E, 1ºESO-F, 1ºBAC e 2ºBAC

Máis información AQUÍ

AUDICIÓNS Grupo Vocal “Diazeuxis” do IESEBA

AUDICIÓNS PARA NOVAS VOCES

Aula de Música 2. Luns 24 E Martes 25 de setembro segundo recreo

Máis información AQUÍ

SERVIZO CAFETERÍA

Comunícase a todos os usuarios da cafetería que durante uns días permanecerá pechada debido a asuntos relativos á súa contratación por parte da Consellería.

Informámoslles ademais que a empresa encargada da concesión é a  mesma que viña sendo hasta agora.

Desculpen as molestias.

COMEZO DO CURSO 2018-2019

Día 17 de setembro: Presentación

alumnos de ESO de 11:00 a 12:00 recepción polos titores nas aulas e entrega de documentación aos mesmos. Haberá transporte escolar

alumnos de BACHARELATO de 12:30 a 13:30 recepción nas aulas polos titores. Non haberá transporte escolar

 

Día 18 de setembro: Comezo das clases (ESO e BACHARELATO) no horario habitual.

Máis información AQUÍ

 

 

Premios de ESO ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2017/18

Convocados os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2017/2018.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 21 de setembro de 2018. Toda a información aquí

 

Prazo validacións Música

Poderá solicitar as validacións o alumnado que estea cursando ou teña cursado ensinanzas profesionais de Música e de Danza.

O interesado en solicitar a validación dunha materia de ESO ou de bacharelato ou, no caso de menores de idade, os seus pais ou titores legais presentarán durante o mes de setembro a solicitude de validación. Coa dita solicitude achegarase a documentación que acredite que o alumno/a está a cursar ou xa cursou e superou os estudos utilizados para a validación.

DOG Núm.96 Disposición adicional: Medidas de ordenación académica para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral

AVISO ALUMNADO 2º BACHARELATO

Todos os alumnos PROMOCIONADOS en 2ºBAC, teñen que pasar por ADMINISTRACIÓN en canto lles fagan entrega dos boletíns, para recibir información sobre as PROBAS ABAU, información tamén dispoñible nesta web no apartado correspondente, e da solicitude do TÍTULO

AVISO IMPORTANTE ALUMNADO 4ºESO

OS HISTORIAIS ACADÉMICOS DOS ALUMNOS QUE REMATARON 4ºESO PODERANSE RECOLLER EN SECRETARÍA A PARTIR DO LUNS DÍA 16 DE XULLO

AVISO ALUMNADO 2º BACHARELATO

Xa temos no centro as tarxetas coas cualificacións das probas ABAU 

Non esquezades pasar a recollelas!!!!

CALENDARIO ACTIVIDADES día 21 de XUÑO 2018

Pódese consultar AQUÍ o calendario de actividades previstas para o 21 de xuño

Distribuir contenido