Evitar navegación.
Principal

Taboleiro

Circular informativa FIN de CURSO 2019

No día de hoxe enviouse, a través dos alumnos, unha circular informativa ás familias con información sobre o fin de curso e a entrega de libros de texto ao fondo solidario.

Para acceder a dito documento premer AQUÍ

AVISO ALUMNADO 2ºBAC: CONVOCATORIA ABAU ORDINARIA

LUGAR   ETS DE ENXEÑEIROS DE CAMIÑOS, CANAIS E PORTOS
    CAMPUS DE ELVIÑA – A CORUÑA
DATAS   12, 13 e 14 DE XUÑO
PRESENTACIÓN   MÉRCORES 12 de xuño, ÁS 9.00 h.
    TODO O ALUMNADO MATRICULADO (INCLUÍDOS OS ALUMNOS E ALUMNAS QUE SÓ SE EXAMINAN DA PARTE VOLUNTARIA) DEBERÁ PRESENTARSE CO SEU DNI A ESTA HORA PARA A RECOLLIDA DAS ETIQUETAS DE IDENTIFICACIÓN E ASIGNACIÓN DOS POSTOS DE EXAMES
    Reunión con Sol Iglesias(profesora acompañante) o Mércores 12 de xuño ás 8.40 h na porta de entrada da ETS de Enxeñeiros de Camiños.

 

 

AVISO ALUMNADO 2º BACHARELATO-CALENDARIO EXAMES EXTRAORDINARIOS

Xa se pode consultar AQUÍ o calendario de EXAMES EXTRAORDINARIOS de 2ºBAC

AVISO ALUMNADO 2º BACHARELATO

O calendario de EXAMES EXTRAORDINARIOS de 2ºBAC, publicarase nesta páxina web o luns día 27 de maio.

CALENDARIO FINAL DE CURSO 2ºBACHARELATO

Toda a información sobre o calendario final de curso e outras indicacións importantes para o alumnado de 2º de bacharelato no curso 2018/2019 no seguinte LINK

Seccións Bilingües 2019-20

Xa está aberto ata o 5 de xuño o prazo para solicitar incorporarse a unha sección bilingüe o curso próximo.

As persoas interesadas deberán pedir en administración a información e os impresos correspondentes ou descargalos directamente nesta páxina web. no bloque de SECCIÓNS BILINGÜES CURSO 2019-20

Iranse actualizando os enlaces nas datas que se indican.

Tamén se pode acceder directamente dende AQUÍ 

Concurso de logotipos do Club de lectura

Xa está convocado o Concurso de logotipos do Club de lectura.
Se queres participar, consulta as bases no seguinte enlace:

https://biblioeba.blogspot.com/2018/11/club-de-lectura-bases-del-concurso-de.html

ATENCIÓN!!! NOVOS CAMBIOS NAS XORNADAS DE ACOLLIDA CURSO 2018-2019

Os días 22 e 29 de outubro e 19 de novembro ás 18:15 horas terán lugar as xornadas de acollida para as familias 

O día 22 de outubro, para as familias de alumnos de 1ºESO A, 1ºESO-B, 2ºESO, 3ºESO-A, 3ºESO-B, 3ºESO-C, 3ºPMAR e 4ºESO 

O día 29 de outubro, para as familias de alumnos de 1ºESO-C, 1ºESO-D, 1ºESO-E, 1ºBAC e 2ºBAC

O día 19 de novembro, para as familias de alumnos de 1ºESO-F e 3ºESO-D

As familias de 1º de ESO serán recibidas primeiro pola directora na sala de usos múltiples e despois dirixiranse ás aulas dos seus fillos onde lles esperará o titor para tratar temas do seu interese. As familias do resto dos alumnos de 2º, 3º e 4º de ESO, e de 1º e 2º de bacharelato dirixiranse directamente ás aulas dos seus fillos onde lles esperará o titor. Se algunha das familias ten varios fillos no centro, en cursos distintos, pode poñerse previamente en contacto cos titores para que lles poidan recibir o mesmo día.

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2018

 

O día 26 de novembro terán lugar as votacións para elixir candidatos ao Consello escolar. O prazo de presentación de candidaturas remata o 19 de novembro ás 14:00 horas.

As persoas interesadas deben cubrir un impreso que se lles entregará en Administración e que quedará custodiado no centro.

Toda a información no bloque na columna dereita da web "ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2018"

 

 

APERTURA CAFETERÍA

A partir do vindeiro día 22 de outubro abrirá a cafetería do centro. 

Este luns só se suministrarán bocadillos á hora de comer. A partir do luns seguinte, os que o desexen, poderán solicitar por anticipado algún tipo de prato quente.

Distribuir contenido