Evitar navegación.
Principal

Avisos

AVISO AFECTADOS CORONAVIRUS

Notifican desde inspección que en caso de saber dalgún membro da comunidade educativa afectado por coronavirus, cómpre poñelo en coñecemento de Consellería. 

Se alguén sabe de algún caso, por favor escribir so correo do centro: ies.blanco.amor.culleredo@edu.xunta.gal

Grazas

Comunicación dos docentes co alumnado e indicacións para os días que dure a suspensión das clases

Toda a información da comunicación dos docentes co alumnado e indicacións para os días que dure a suspensión das clases AQUÍ

Tede en conta que o profesorado que imparta materias afíns porá a información no documento que vai asociado ao seu nome, dentro do departamento ao que pertence aínda que a materia sexa de outro.

INFORMACIÓN AO ALUMNADO CON CONTAS G-SUITE

Restablecéronse os contrasinais dos alumnos que non accederan nunca ás súas contas de g-suite porque estaban a dar problemas. O novo contrasinal é carnaval2020.

Unha vez que accedan, xa se lles obriga a cambiar o contrasinal para poder continuar. Se aínda así, teñen algún problema, deixamos AQUÍ o enlace a un formulario para cubrir e poñerémonos en contacto para solucionalo.

 

VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA

A Biblioteca ofrece ao alumnado a posibilidade de participar na xestión de préstamos e na dinamización, como colaboradores, nos recreos.

Os interesados poden poden recoller o impreso que hai que cubrir na propia Biblioteca.

Se o número de solicitudes é maior que o de prazas, haberá unha lista de suplentes para ocupar as vacantes que poidan quedar ao longo do curso.

Terá prioridade o alumnado que xa participa noutras actividades da Biblioteca.

XORNADAS DE ACOLLIDA CURSO 2019-2020

Os días 14 e 21 de outubro ás 18:15 horas terán lugar as xornadas de acollida para as familias 

O día 14 de outubro, para as familias de alumnos de 1ºESO A, 1ºESO-B, 1ºESO-C, 2ºESO, 3ºESO e 4ºESO 

O día 21 de outubro, para as familias de alumnos de 1ºESO-D, 1ºESO-E, 1ºESO-F, 1ºBAC e 2ºBAC

Máis información AQUÍ

AVISO ALUMNADO INSTRUCCIÓNS COMEZO DE CURSO 2019-2020

Pódense consultar dende AQUÍ as instrucción do comezo de curso.

Premios de ESO ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2018/19.

Convocados os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2018/2019.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 20 de setembro de 2019. Toda a información aquí

CALENDARIO PROVISIONAL SETEMBRO 2019

Xa está pubricado o calendario PROVISIONAL de exames de setembro e as indicacións xerais no bloque correspondente no lateral dereito da páxina web. Ao longo do mes de XULLO colgarase o CALENDARIO DEFINITIVO.

Tamén se pode acceder directamente dende AQUÍ

CALENDARIO SETEMBRO 2019

QUEDA APRAZADA ATA O MARTES 2 DE XULLO A PUBLICACIÓN DO CALENDARIO PROVISIONAL de exames DE SETEMBRO DEBIDO A QUE A ORDE QUE REGULA O CALENDARIO ESCOLAR SAIU PUBLICADA ESTE VENRES 28 DE XUÑO 

Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2018/19.

Convocados os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2018/2019.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 5 de xullo de 2019. Toda a información aquí

 

Distribuir contenido