Evitar navegación.
Principal

AVISO - INICIO DE CURSO 2020-21

Nos próximos días publicaremos instrucións e información sobre o comezo de curso.

De momento adiantámoslles o seguinte:

As clases serán en horario de mañá, de 08:30 a 14:10, para o alumnado de ESO, o cal terá transporte escolar. Non haberá clase os luns pola tarde para esta etapa, e esas dúas horas impartiranse tamén pola mañá, o que implicará reaxustes na distribución do horario. 

As clases serán en horario de tarde, para o alumnado de BACHARELATO, de 15:30 a 20:30 os luns, mércores e venres; e de 15:30 a 21:15 os martes e xoves.

Para poder manter nas aulas a distancia de seguridade de 1,5 m, van desdobrar a maioría dos grupos, que contarán co seu titor correspondente, o que supoñerá unha ratio claramente inferior. 

Iremos ampliando información segundo vaian sendo aprobados os acordos polos órganos colexiados do centro. Estean por iso pendentes desta páxina.

A DIRECCIÓN