Evitar navegación.
Principal

Avisos

VIAXE O GROVE-SANXENXO

Saída o xoves 22-06-2017 ás 08,30 do aparcadoiro de autobuses.

Chegada ó Grove e viaxe en catamarán.

Visita mirador Siradella.

Comida.

Praia de Sanxenxo.

Chegada a Culleredo ás 20,00 aproximadamente.

Non esquezades levar crema solar, bañador e toalla!!!

Relación de libros de texto curso 2017-18

Xa se pode consultar a relación de libros de texto para o vindeiro curso no seguinte LINK

LISTAXES DEFINITIVAS!!! SOLICITUDES SECCIÓNS BILINGÜES CURSO 2017/2018

Xa están publicadas no bloque de SECCIÓNS BILINGÜES CURSO 2017-18, as listaxes DEFINITIVAS de solicitudes. 

Tamén se pode acceder directamente dende AQUÍ

LISTAXE PROVISIONAL SOLICITUDES SECCIÓNS BILINGÜES CURSO 2017/2018.

Xa están publicadas no bloque de SECCIÓNS BILINGÜES CURSO 2017-18, as listaxes provisionais de solicitudes.

(Contra esta listaxe pódese reclamar ante a directora do centro nun prazo que finaliza o 12 de xuño ás 14:00 horas) 

O 15 de xuño publicarase a listaxe definitiva de solicitantes.

Tamén se pode acceder directamente dende AQUÍ

CURSO ITALIANO EXPRESS

   A partir do luns 12 de xuño, a profesora Paula Pazos impartirá un curso express de italiano para todos os alumnos que asistan á viaxe a Roma e que desexen adquirir uns coñecementos básicos para desenvolverse durante a súa estancia na cidade eterna.

CONCERTO FIN DE CURSO 2017

O día 25 de maio de 2017, o Departamento de Música organizou un Concerto de Fin de Curso que foi protagonizado por diversos grupos de alumnos de 3º e 4º da ESO, e mesmo por algúns alumnos do instituto que realizan estudos musicais no conservatorio.

A actividade foi acollida con moito agrado polo público asistente: alumnado, profesorado, e algúns país e nais dos nosos alumnos, que amosaron interese en que se organice para o vindeiro curso unha segunda sesión pola tarde.

Agradecemos a colaboración e o apoio do Conservatorio de Culleredo.

 

Premendo no cartel pódese acceder ó programa, e premendo na imaxe, a máis fotos

Listaxes definitivas de admitidos e non admitidos ADMISIÓN 2017-18

Xa están publicadas as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos no bloque de ADMISIÓN CURSO 2017-18.

Tamén se pode acceder directamente dende AQUÍ

CLASE MAXISTRAL PING-PONG

O luns 15 de maio, teremos no IESEBA unha clase maxistral de ping pong con Zhao, monitor do "Club del mar" de San Amaro.
Horario: 14:30-16:00 horas aproximadamente.
A asistencia é libre. O alumnado que participe desta actividade debe traer a súa comida.
Organiza: ANPA "A Galera".
Distribuir contenido