Skip to Content

Erasmus+

Intercambio co Licei Statali Angelioni

17/04/2016 17:00
22/04/2016 17:00
Etc/GMT+1

 

Catorce estudantes e dúas profesoras, Luisa e Ángela, do Licei Statali Angelioni (Terni, Italia) compartirán connosco seis días de actividades lectivas, culturais, deportivas e lingüísticas, no marco dun intercambio escolar.

O IES A Sangriña recibe o premio Star Project ao proxecto My Community and My History in Openstreetmap

O noso centro acaba de recibir o Premio Star Project, un recoñecemento de calidade outorgado pola realización do Proxecto My Community and Openstreetmap incluído dentro dos Programas de Aprendizaxe Permanente (PAP) (actualmente Erasmus+) e que foi realizado por un grupo de alumnas e alumnos do noso centro.
O premio Star Project valora tanto o deseño do proxecto como o seu desenvolvemento, os valores e o impacto dos resultados.

O programa My community and my History in OpenStreetMap desenvolveuse entre setembro de 2013 e xuño de 2015. Baixo a coordinación de Alemaña, participaron como socios a Archbishop Sentamu Academy de Hull (UK), o noso IES A Sangriña e o Liceo Sair Abay Konanbay de Estambul.

OpenStreetMap (OSM) é unha base de datos colaborativa que permite a achega libre e altruísta de calquera persoa habilitando a posibilidade de cartografar calquera zona do planeta. O obxectivo era utilizar OSM para que o alumnado implicados cartografase puntos históricos e arqueolóxicos especialmente importantes das súas comunidades, introducíndose, asemade, no coñecemento sobre o manexo de dispositivos de xeolocalización e familiarizándose co uso de editores cartográficos utilizados en OSM.

Continuous professional development" ERASMUS + PROGRAMME

Durante a primeira semana de marzo, e dentro do marco europeo de continuo desenvolvemento profesional "Continuous professional development" ERASMUS + PROGRAMME", o profesor de música Alfredo Garrido realizou un curso en Dublín de introdución ao sistema educativo Irlandés, consistente en diferentes ponencias, talleres, grupos de debate e visitas, incluíndo centros escolares da capital Irlandesa.
Todo isto cos obxectivos de reforzar a adquisición de novas competencias por parte do alumnado, mediante a introdución de tecnoloxías da comunicación (ICT), e a creación de redes europeas para futuros proxectos en común.
Ao curso asistiu profesorado de trece países europeos, e foi unha excelente oportunidade para crear vínculos e xerar contactos. Como colofón, as persoas participantes realizaron presentacións utilizando os recursos aprendidos no transcurso do mesmo.

Reportaxe do intercambio co Lycée Jean Bart de Dunkerque

12/01/2016 08:00
19/01/2016 20:00
Etc/GMT+1
Reportaxe do intercambio co Lycée Jean Bart de Dunkerque (Francia), realizado por alumnado de 1 de bacharelato no pasado mes de xaneiro, dentro do Proxecto BODY.

SHORT MOBILITY FRANCE-SPAIN 2016 por

Distribuir contido


by Dr. Radut