Skip to Content

Erasmus+

Memorias dun proxecto. Erasmus + BODY 2015-2016.

24/05/2016 19:44
Etc/GMT+1

Noraboa a todos os participantes e en especial aos usuarios, estudantes, traballadores, docentes e Directivas das Asociacións Avelaíña, San Xerome Emiliani, CEIP A Sangriña, IES A Sangriña e por suposto á Residencia Monte Tecla dos que temos tanto que aprender!

Grazas a todos e a todas pola vosa disposición, entusiasmo e participación. 

Well done, everybody!


( Preme na imaxe para ver o vídeo)

Intercambio con Terni

O pasado venres despedimos os nosos socios e amigos italianos de Terni. Reservamos unha das visitas imprescindibles para o final: a subida aos tellados da Catedral de Santiago de Compostela e o seu merecido percorrido pola vila. Unha experiencia marabillosa para todo o grupo.
Agradecemos desde aquí a colaboración e implicación do profesorado, familias e alumnado participante. Semana curta pero moi intensa tanto en actividades, como sentimentos e intercambio cultural.

Aspettiamo la vostra prossima visita.

Ruada por Rosalía

16/03/2016 10:15
16/03/2016 13:00
Etc/GMT+1

O pasado 16 de marzo, o Equipo de Normalización Lingüística do noso centro organizou unha Ruada por Rosalía, na que foron visitando os socios locais do Proxecto Erasmus+ BODY.

Un grupo de 17 alumnas e alumnos de 1º de ESO renderon homenaxe a Rosalía de Castro e dedicánronlle os Cantares Galegos aos avós e avoas da Residencia Monte Tegra, aos usuarios e usuarias do Centro San Xerome Emiliani e Asociación Avelaíña e ao alumnado do CEIP A Sangriña.
Unha homenaxe interxeracional moi conmovedora.


Ruada por Rosalía (16 de marzo de 2016) por carinavales

Mobilidades do alumnado de Ciclos Formativos

Este é xa o cuarto ano consecutivo en que se efectúan mobilidades que incentivan a formación e o desenvolvemento persoal do noso alumnado de Ciclos Formativos. Durante este curso estanse a levar a cabo dous proxectos coordinados por Teresa Álvarez, a saber:

  • PROXECTO 2015-1-ES01-KA102-014662. Destino: Terni (Italia).
    Esta mobilidade iniciouse o 18 de marzo e finaliza o 15 de xuño de 2016, e nela están involucrados dous alumnos titulados do ciclo medio de Sistemas microinformáticos e redes, Felipe Villa e Fabiola Castro, e mais un titulado do ciclo medio de Electromecánica de vehículos, Isaac Rodríguez. Este alumnado realizará as prácticas en empresas de Terni, dentro da súa formación no marco de Erasmus +. 
  • PROXECTO: 2015-1-ES01-KA103-013372. Destino: Lisboa (Portugal).
    Esta mobilidade iniciouse este mes, o 1 de abril, e finaliza tamén o 30 de xuño, e nela participan dúas alumnas do ciclo superior de Administración e Finanzas, María Elena Llanes e Blanca Ana Aparicio. O obxectivo desta mobilidade é que estas alumnas cursen o módulo da FCT (Formación en Centros de Traballo) en Lisboa. 

Ambas as dúas son actuacións dirixidas a innovar e mellorar a calidade do ensino da Formación Profesional, reforzando a colaboración co sector produtivo.

Distribuir contido


by Dr. Radut