Skip to Content

Erasmus+

A Sangriña recibe tres alumnas Erasmus+

07/01/2015 17:00
Etc/GMT+1

O pasado 7 de xaneiro chegaron as alumnas do IM Francesco Angeloni (Italia), Altea, Francesca e Claudia, que van pasar os próximos dous meses estudando no IES A Sangriña.
Benvenute!

 

Formación Erasmus+ en Lille (Francia)

01/12/2014 10:00
05/12/2014 10:00
Etc/GMT+1
A coordinadora erasmus+ no IES A Sangriña participou o padado venres 5 de decembro, xunto con Fabrice Tondeur, do College Boris Vian, nunha formación de difusión de Erasmus+ no Réseau de Création et d'Accompagnement Pédagogiques (Canopé) de Lille, Francia.
Ao longo desta semana participou así mesmo en sendas formacións en Gante e Paris.
 

Probas de nivel para Erasmus+ FP ciclos medios

15/10/2014 16:30
Etc/GMT+1

Convócase os candidatos para as mobilidades Erasmus+ ás probas de nivel de idioma que se celebrarán o mércores 15 de outubro ás 16:30 h nas aulas 16 e 18.

Convocatoria de reunión Erasmus+

25/09/2014 12:00
Etc/GMT+1

Durante o curso 2014-2015, o IES A Sangriña ofrecerá bolsas de formación de prácticas en empresas estranxeiras, financiadas con fondos europeos do programa Erasmus+, destinadas a estudantes de ciclos formativos de grao medio e superior, así como a estudantes titulados en xuño de 2014 do IES A Sangriña.

A sesión informativa celebrarase o próximo xoves 25 de setembro ás 12:00 h no salón de actos.

Distribuir contido


by Dr. Radut