Skip to Content

Erasmus+

PROXECTO "A SANGRIÑA ROMPENDO BARREIRAS" CONCEDIDO!

Onte día 28 de maio publicouse a resolución definitiva na que nos aprobaron o Proxecto KA102-047510 (Mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe no sector da Formación Profesional) para o vindeiro curso 2018/19.
 
Este proxecto leva por título A SANGRIÑA ROMPENDO BARREIRAS e está dotado con 52.727€ para a realización de 13 mobilidades de estudantes e profesores, ademáis de catro acompañantes:
 
*Tres estudantes de FP Básica de Mantemento de Vehículos a Lisboa para realizar a FCT (Formación en Centros de Traballo) durante 60 días.
*Seis estudantes de Ciclos Medios das tres familias profesionais (Transporte e Mantemento de Vehículos, Administración e Xestión, Informática e Comunicación) para facer a FCT durante 80 días en Lisboa.
*Un titulado de Ciclo Medio de Electromecánica de Vehículos a Madeira durante 120 días.
*Tres Job Shadowing para o profesorado en Lisboa.
 
Con este proxecto perséguense dous obxectivos claros:
 
1- Promover a equidade e a inclusión facilitando ao noso alumnado de FP Básica a participación en actividades transnacionais.

Mobilidades FCT Erasmus+ en Portugal

08/05/2018 18:30
Etc/GMT+1
O Grupo de Dinamización de Actividades Internacionais do centro organizou un curso máis a súa participación nos programas europeos Erasmus+.
 
Este ano o programa estase a levar a cabo en Portugal, concretamente en Lisboa. Isto supón un enorme reforzo dos vínculos entre Galicia e Portugal e tamén serve para promover a circulación e o intercambio de traballadores entre ambas comunidades.
O proxecto deste curso pretende afianzar as habilidades intelectuais, sociais, profesionais e interpersoais do profesorado e do alumnado de formación profesional do IES A Sangriña.
 
Ata o de agora xa se realizaron oito mobilidades de alumnado de ciclos e dúas de FP básica. Todas elas son para cursar a FCT (Formación en Centros de Traballo). Asemade, durante este mes de maio dous docentes realizarán un "Job shadowing" nunha empresa de Lisboa, o cal enriquecerá a súa calidade profesional e mellorarán a súa comprensión do entorno económico do país, podendo así trasladar todos estes coñecementos á aula, beneficiando así aos estudantes que non puidesen participar nestre proxecto.
 

INTERCAMBIO ESCOLAR TERNI - A GUARDA - AARHUS

Xusto ao comezo do tercer trimestre, tivemos o pracer de recibir ao alumnado italiano e danés participante neste intercambio escolar Terni - A Guarda - Aarhus.
As danesas chegaron o sábado 7 de abril e as italianas o domingo 15.
O luns asistiron ás aulas de lingua castelá e de educación física, onde fixeron a actividade “Danzas do mundo”.
 
Pola tarde visitaron o monte Tecla e o castro celta.
O martes debido ás malas condicións meteorolóxicas non se puido ir ás Cíes, polo tanto foron coñecer a cidade de Vigo, o MARCO, casco vello, etc.
Tras almorzar no IES, o mércores foron visitar Tui (catedral e casco vello) e Valença (recinto amurallado, casco vello e mercado ao aire libre).
 
Unha vez máis debido ao tempo, o xoves non se puido practicar piragüismo como estaba pensado, así que foron disfrutar da cidade de Oporto. Finalmente pola noite cearon no centro.

Bolsas de mobilidade para o Ciclo Superior de Administración e Finanzas

19/09/2017 08:20
19/09/2017 14:00
Etc/GMT+1

Convócanse dúas bolsas para estudantes ou persoas tituladas do Ciclo Superior de Administración e Finanzas, para realizar unha mobilidade de 90 días en Portugal. Estas bolsas teñen como obxecto a estancia formativa nunha empresa, como parte do módulo da FCT, e polo tanto acreditada dentro do título de Técnico superior, ou ben como titulado/a, para completar a súa formación técnica.

As solicitudes presentaranse entre o 15 e o 22 de setembro de 2017.
As persoas interesadas presentarán aos seus titores e titoras os seguintes documentos:  

  • Solicitude (pódese pedir un modelo á titora ou titor).
  • Curriculum europeo (español). 
  • Carta de motivación, dirixida ao equipo educativo (arquivo de word libre, indicar nome e data).
logotipo
Convenio 2017-1-ES01-KA103-037774 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut