Skip to Content

Visita ás instalacións de pádel

31/01/2017 10:00
01/02/2017 14:00
Etc/GMT+1
Dentro dun programa de visitas ás instalacións deportivas da contorna co obxecto de coñecer a oferta coa que contamos na Guarda, esta semana o alumndo de 4° de ESO visitou as instalacións de pádel, situadas na Gándara, acompañados do profesorado de Educación Física, Susana Salvador e Amalio Verd. Rapazas e rapaces aproveitaron para pasalo ben practicando pádel e fútbol de interior.
Fotos durante a visita Fotos durante a visita

Charla de Ana Alcolea

31/01/2017 09:10
31/01/2017 10:00
Etc/GMT+1

Hoxe vistounos a escritora Ana Alcolea, Premio Cervantes Chico e Premio Anaya de Literatura Infantil y Juvenil, para encontrarse co noso alumnado de 1º e 2º de ESO e falarlle das novelas que están a ler, El medallón perdido, El retrato de Carlota e El secreto del espejo. A escritora foi presentada polo profesor Alberto Viso.

Un momento da charla, e varias portada de libros 

Un pleno municipal

27/01/2017 10:00
Etc/GMT+1

Diferentes momentos do pleno.O concello da Guarda propúxonos participar co alumnado de 1º e 2º de ESO na simulación dun pleno municipal, actividade que levamos a cabo o pasado venres no salón de plenos do concello.

Formáronse grupos de alumnas e alumnos, de xeito que cada grupo representase un partido político ficticio, (Equipo Vermello, Amarelo, Azul etc.). Por sorteo decidiuse o grupo gobernante, mentres que o resto dos grupos serían a oposición. Cada grupo político elixiu, á súa vez, representantes de catro concellarías. Deste xeito, representaron a realidade do noso concello. Cada grupo da oposición presentou unha moción cunha proposta de mellora dalgún servizo municipal e dúas preguntas respecto do funcionamento doutras dúas actividades xa en funcionamento. A actividade foi presentada polo alcalde, Antonio Lomba, e moderada polo propio secretario do concello.

Foi unha experiencia moi enriquecedora, axudou ao alumnado a comprender o funcionamento dun concello e dos órganos de goberno e de representación cidadá, e contribuiu en boa medida a conectar a escola ao mundo.

Crónica Córnica

25/01/2017 12:00
25/01/2017 14:00
Etc/GMT+1
Imaxes da charla
Hoxe tivemos o pracer de compartir parte da mañá con Francisco Coimbra, autor de Crónica Córnica, novela finalista do Premio Xerais 2016, pero tamén filólogo políglota, profesor de Lingüística nunha universidade do Brasil e comprometido defensor das linguas e da diversidade.
Nun encontro co alumnado de Bacharelato que tivo lugar no salón de actos, Francisco Coimbra achegounos ao proceso de creación desta obra, ao feito curioso de escribila en galego sendo un madrileño que nunca viviu en Galicia, transmitiunos as súas reflexións sobre a identidade, a importancia de ser mediante a lingua, a importancia de «non calar, non omitirse, ousar falar e alzar a voz».
Fíxonos ver como o galego lle abriu as portas do mundo, coa publicación da súa novela, ou co seu traballo como profesor de Lingüística no Brasil, do que nos falou tamén.
A charla suscitou grande interese entre o noso alumnado que, curioso, lle trasladou moitas e moi interesantes preguntas.
Distribuir contido


by Dr. Radut