Skip to Content

Un pleno municipal

27/01/2017 10:00
Etc/GMT+1

Diferentes momentos do pleno.O concello da Guarda propúxonos participar co alumnado de 1º e 2º de ESO na simulación dun pleno municipal, actividade que levamos a cabo o pasado venres no salón de plenos do concello.

Formáronse grupos de alumnas e alumnos, de xeito que cada grupo representase un partido político ficticio, (Equipo Vermello, Amarelo, Azul etc.). Por sorteo decidiuse o grupo gobernante, mentres que o resto dos grupos serían a oposición. Cada grupo político elixiu, á súa vez, representantes de catro concellarías. Deste xeito, representaron a realidade do noso concello. Cada grupo da oposición presentou unha moción cunha proposta de mellora dalgún servizo municipal e dúas preguntas respecto do funcionamento doutras dúas actividades xa en funcionamento. A actividade foi presentada polo alcalde, Antonio Lomba, e moderada polo propio secretario do concello.

Foi unha experiencia moi enriquecedora, axudou ao alumnado a comprender o funcionamento dun concello e dos órganos de goberno e de representación cidadá, e contribuiu en boa medida a conectar a escola ao mundo.



event | by Dr. Radut