Skip to Content

Extraescolares

Actividades que se realizan fora do ambito académico

Nova directiva da ANPA Baixo Miño

anpa sangriña

O novo equipo da ANPA do IES A Sangriña somos un grupo de nais e pais de alumn@s que aceptamos o reto de continuar co funcionamento da  “ANPA Baixo Miño” do IES A Sangriña, con moita ilusión e esforzo. O noso interese ao formar esta ANPA é, principalmente, a educación dos nosos fillos e fillas en permanente colaboración coa comunidade Educativa e o profesorado do centro.

A Xunta Directiva está conformada por:

  • Presidenta:  Rosa M.ª Lomba Pérez
  • Vicepresidenta: Josefina Baz Pacheco
  • Secretaria: Yolanda Higuero Araujo
  • Tesoureiro: Jose Ramón Franco Rodríguez
  • Vogais:  Luis Eduardo Castro Rodríguez, Juan Manuel Pérez Diego , Marcos Álvarez González e  Carmen Rodríguez Verde.

O medio de comunicación connosco é:

  • Teléfono da ANPA: 684734863
  • E-mail: anpaiesaguarda@gmail.com

Animámosvos a que vos asociedes, para participar activamente na mellora da calidade educativa do alumnado e do centro. A cota por familia e curso escolar é de 35€ para as famililas que o fagan por primeira vez e de 25€ para os seguintes cursos. No concepto do pago da ANPA é necesario poñer: nome e apelidos de todos os fillos/as e cursos. Prazo de pago: 20 de setembro.

NÚMERO DE CONTA: ES91 0049 4984 7827 1617 1257 (Banco Santander)

Seguimos co préstamo de libros de texto. Neste curso enviaremos, en breve, un formulario Google Forms para que solicitedes os que necesitades; poñede mais de dúas opcións xa que aseguramos un e a segunda opción según disponibilidade.

* Prazo para cubrir o formulario: 20 setembro.

Os libros entregaranse por quendas de cursos nun horario establecido.

Se o pago ou petición se fai fóra de prazo, entregaremos das existencias que queden.

Para acceder ó préstamo de libros do fondo da ANPA débense cumprir as seguintes condicións:

• Pertencer a Anpa e estar ao corrente dos pagos da cota da ANPA. 

• Respetar as datas límites para pagar a cuota e anotarse na petición de libros da ANPA. 

• Repectar as datas de recollida e entrega dos libros. 

• Cumprir as normas de conservación dos libros: 

* Os libros teñen que devolverse en bo estado, non se pode escribir neles nin subliñar, nin maltratalos. 

* É responsabilidade das familias forrar os libros novos ou os libros prestados con forro deteriorado.

* Os libros cando se devolven teñen que ter un forro bo estado.

* A perda ou deterioro dun libro penalizarase repoñendoo ou pagando 50€.

 

O incumplimento destas normas pode supoñer unha reducción do número de libros no próximo curso. Haberá un contrato de préstamo para cada usuario que se firmará na recollida dos libros. 

Poremos selo con Nova Anpa onde cada usuario apuntará nome, apelidos e curso. 

Solicitaranse os libros vía formulario Google Forms cumprindo os prazos.         

Así mesmo vos recordamos que calquera nai ou pai pode formar parte do noso equipo de traballo se así o desexa.

Aproveitamos para dar a benvida a todos aqueles que se incorporan por primeira vez ao centro!   

Atentamente, a Xunta Directiva da ANPA do IES A Sangriña.

ACAMPADA NAS CÍES

O alumnado de 1º de ESO marchou de acampada de fin de curso a semana pasada ás Illas Cíes. Andainas, baños nocturnos e observación de estrelas foron algunhas das actividades. Un planazo!

Alumnado de Ciclos visita UNVI e OREMBEr

O alumnado dos ciclos de Automoción e de Administrativo realizou unha saída a Ourense o pasado 14 de decembro, para visitar a empresa UNVI (punteira a nivel internacional na fabricación de autobuses) e tamén a factoría de OREMBEr do grupo madereiro FINSA. A mediodia o alumnado e profesorado comeu na cidade de Ourense, e xa pola tarde tiveron a oportunidade de deleitarse no Complexo termal de Prexigueiro en Ribadavia. Desde os departamentos de automoción e administrativo queren agradecer a axuda na organización da viaxe, e sobre todo por sufragar o total do coste económico da viaxe ás responsables do proxecto eMprende neste centro, a través de Ayuda en acción, Ana e María.



Viaxe literaria a Madrid.

O alumnado de Literatura Universal viaxou a Madrid para coñecer de primeira man algúns dos escenarios culturais máis importantes das letras universais, acompañado das profesoras Isabel Rodríguez e Carme Pernas. Unha estancia breve pero moi ben aproveitada, como podedes comprobar no vídeo:

Distribuir contido


by Dr. Radut