Skip to Content

Intercambio con Argentona

Estes días alumnos do Instituto e membros das bandas de música da Guarda e do Rosal, a través do departamento de música do IES A Sangriña, están a participar nun intercambio co Instituto de Argentona. Celebraronse, con motivo da estancia dos Cataláns entre nos, diversos actos dos que podedes atopar unha reportaxe fotográfica na galería do Instituto.

Foto dos compoñentes do Instituto de Argentona na Igrexa Parroquial

 REPORTAXE FOTOGRÁFICA


O Atl. Novás en 2ª Nacional

Manuel Martínez Vicente, xogador do Atl. Novás e alumno do Instituto, fainos chegar unha nota na que nos comunica que o equipo territorial do Atl. Novás, acadou este fin de semán, o ascenso a 2ª división nacional. "Os rosaleiros chegaban a este partido como líderes e valíalles o empate, xa que a diferenza era dun punto respecto ao segundo clasificado, o Tirso Mosteiro de Poio, equipo ao que lograron vencer nesta última xornada da fase de ascenso (30-22)".

Tamén nos informa que o Atl. Guardés estaba obrigado a gañar para poder xogar a promoción e así o fixo impoñendose equipo de Viveiro polo resultado de 30-28. "Con este resultado o equipo rematou terceiro clasificado na fase de ascenso, posto que lle da dereito a xogar a promoción, que disputará nos dous próximos fin de semán fronte o Viña Costeira" .

Dende eiquí felicitamos tanto ao Atl. Novás como a o Atl. Guardés polos seus éxitos deportivos.


 

O Atl. Guardés de balonmano feminino en 1º división

Dende este espacio felicitamos ao equipo feminino do Atletico Guardés de balonmano polo ascenso a 1º división feminina conseguido este fin de semana.

FELICIDADES


 

Intercambio con Italia

Un ano máis os alumnos do I.E.S. A Sangriña farán un intercambio coa alumnos italianos da cidade de Terni. Os nosos alumnos sairán o vindeiro día 9 de Febreiro e votarán alí unha semá.

 

Mentres que os alumnos italianos virán do 20 ao 27 de Abril.

Itercambio con Italia

09/02/2007 13:02
16/02/2007 13:02
Etc/GMT

Un ano mais os alumnos do I.E.S. A Sangriña farán un intercambio cos alumnos italianos da cidade de Terni. Sairán o vindeiro día 9 de Febreiro pa votar alí unha semá. Mentres que os alumnos italianos viran do 20 ao 27 de Abril.

Distribuir contido


by Dr. Radut