Skip to Content

Validación de materias aprobadas 1º de ciclos de FP

validacións

Infórmase ao alumnado repetidor de 1º curso dos ciclos de Formación Profesional que ten que proceder a solicitar a valición en secretaría das materias aprobadas do ano anterior.

Por defecto, este alumnado aparece matriculado nas materias que substitúen no novo plan de estudos ás xa aprobadas.

A XEFATURA DE ESTUDOS

Reparto de libros de texto de 1º e 2º de ESO

entrega libros a sangriña

Entre mañá xoves 12 de setembro e o venres 13 deste mesmo mes, procederase ao reparto de libros do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO de 1º e 2º de ESO. O día e as horas de recollida serán as seguintes:

1º de ESO - Xoves 12 de setembro:

  • 10:00 - 10:40- 1º ESO A
  • 10:40 - 11:15- 1º ESO B
  • 11:15 - 12:00- 1º ESO C

2º de ESO - Venres 13 de setembro:

  • 10:20 - 11:00- 2º ESO A
  • 11:20 - 12:00- 2º ESO B
  • 12:00 - 12:30- 2º ESO C

Só poderán recoller os libros de texto o pai, a nai ou o/a titor/titora legal do alumno ou da alumna beneficiaria do Fondo Solidario de Libros de Texto. No caso de que nese día non podan asistir á entrega dos libros, poden autorizar unha persoa maior de idade para que así o faga (na autorización deberán constar os nomes, apelidos e DNI da persoa autorizada e da que autoriza a recolla de libros).

Para calquera dúbida ou aclaración podedes dirixirvos á vicedirección do centro.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Actos de presentación do 11 de setembro de 2024

Presentacións IES A Sangriña

Para a realización dos actos de presentación do curso 2024 - 2025, o alumnado acudirá ao centro segundo a hora de inicio da presentación do seu curso, tal e como figura na imaxe superior, o próximo día 11 de setembro. Os actos de presentación terán lugar, cos distintos titores/as, nas aulas de referencia e prégase a máxima puntualidade ao alumnado convocado.

O alumnado dos respectivos cursos acudirá á hora indicada ao vestíbulo do centro desde o cal será conducido ás súas aulas de referencia polos seus titores/as

Despois de cada acto de presentación, o alumnado continuará co seu horario lectivo normal ata o final da xornada.

Este día o servizo de transporte escolar non realizará o traxecto matutino de ida pero si realizará o traxecto de volta.

 No caso de que os titores/as teñan algunha incompatibilidade co seu horario lectivo persoal e este horario de presentación, primará o horario de presentación cos seus titorandos/as.

A dirección.

Descarga aquí a convocatoria oficial.

Convocatoria do claustro extraordinario (9 de setembro)

 claustro sangriña

Consulta a convocatoria oficial do Claustro extraordinario de profesorado de IES A Sangriña para o 9 setembro.

O claustro celebrarase entre as 11:30 e as 12:30 horas.

Nesta sesión entregaranse os horarios do profesorado, farase elección do día non lectivo propio do IES A Sangriña e achegaranse informacións varias e de interese.

Descarga aquí a convocatoria oficial.

Distribuir contido


by Dr. Radut