Skip to Content

Aberta a matrícula na ESA (3º ESO)

A matrícula no 3º curso da ESO da Educación Secundaria para persoas Adultas encóntrase aberta até o día 8 de setembro, con horario de atención de 9:00 a 13:30.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. IES A SANGRIÑA 23-24

 

  Prezadas familias:

   Xa están publicadas as LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E EXCLUíDOS do Fondo Solidario de Libros de Texto e adquisición de material escolar no taboleiro que está na entrada do centro.

   O reparto dos libros de texto farase ao inicio de curso (día e hora sen determinar), en canto empecen as clases.

   Moitas grazas.

   Atentamente,

A Dirección

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR PARA O ALUMNADO DA ESO. CURSO 2023-2024

 

Prezadas familias,

  O vindeiro luns 17 de xullo publicaranse as listaxes provisionais do Fondo solidario de libros de texto e

axudas para material escolar para o alumnado da ESO no taboleiro da entrada ao centro. Tedes ata o 24 de

xullo para presentar reclamacións. Calquera dúbida ou aclaración, poñédevos en contacto coa Vicedirección

do centro.

  Lembramos que son listaxes provisionais, polo que poden sufrir modificacións nas listaxes definitivas que

se publicarán a finais do mes de xullo.

  Un saúdo.

  A Dirección.

LISTAXE LIBROS TEXTO IES A SANGRIÑA PARA O VINDEIRO CURSO 2023 2024

 

  Achégase documento pdf coa listaxe dos libros de texto para o vindeiro curso 2023-2024 no IES A Sangriña.

 

  A Vicedirección.

Distribuir contido


by Dr. Radut