Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Xa se pode solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto (préstamo de libros) e axudas para material escolar (vales de material) para o alumnado de ESO.

As solicitudes están dispoñibles en conserxería e, unha vez cubertas, debedes presentalas coa documentación necesaria na secretaría do centro. Tamén poderán presentarse por vía electrónica empregando a aplicación informática “fondolibros” (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES:

Do 20 de maio ao 19 de xuño de 2020.

CONVERSA NA REDE - RICARDO CARVALHO CALERO

"CONVERSA NA REDE - RICARDO CARVALHO CALERO" é umha conversa virtual entre alunas e alunos do IES A Sangriña (A Guarda) e professoras, escritores e representantes de associaçons do ámbito da língua e da cultura galegas. O motivo da mesma é a comemoraçom do Dia das Letras galegas do ano 2020 em homenagem a Carvalho Calero (inspirador da proposta ortográfica para a língua galega com que se escreve este texto). Como nom poderia ser de outra maneira, no vídeo, as alunas e alunos formularám perguntas sobre a vida e a obra literária de Carvalho, mas também sobre a visom que o professor tinha da nossa língua.

Depois da apresentaçom inicial de Anxos Sufuentes, chefa do Departamento de Língua do nosso centro, e de que outro professor do mesmo, Ramón Quiroga nos conte como ele, na sua infáncia, conheceu Carvalho Calero, intervirám:

  • José Luís Rodríguez (Catedrático da Universidade de Santiago de Compostela).
  • Loaira Martíne (Presidenta da ADP - Associação de Docentes de Português na Galiza).
  • Carlos Quiroga (Escritor).
  • Eduardo Maragoto (Presidente da AGAL - Associaçom Galega da Língua).
  • Carme Saborido (Professora do I.E.S. A Sangriña).
  • Valentim Fagim (Professor da E.O.I. de Compostela).

Que responderám as perguntas das seguintes alunas e alunos em representaçom do I.E.S. A Sangriña:

Calendario de exames finais presenciais de xuño para o alumnado con perda de avaliación continua.

Nos documentos adxuntos figuran as datas en que se celebrarán os exames presenciais dos departamentos de Automoción, Informática, e materias de 2º de Bacharelato para o alumnado con perda do dereito de avaliación continua. Estes exames terán lugar sempre que as condicións o permitan. É conveniente consultar nesta páxina as posibles actualizacións de información.

 

Restablecemento dos procesos de admisión

RESTABLECEMENTO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA EDUCACIÓN SECUNDARIA E BACHARELATO EN CENTROS PÚBLICOS PARA O CURSO ACADÉMICO 2020-2021.

De acordo coa Resolución do 5 de maio de 2020 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, que dispón o restablecemento do procedemento de admisión do alumnado de educación secundaria e bacharelato en centros públicos para o curso 2020-21 o IES A Sangriña INFORMA:

1. Para alumnado de centros NON adscritos ao IES A Sangriña: 

  • Prazo de presentación de SOLICITUDES DE ADMISIÓN: do 11 ao 18 de maio.
  • SECRETARÍA do IES A Sangriña
  • HORARIO: de 9:30 a 12:30 horas. 

2. Entrega de Prematrículas curso 2020-21 para alumnado do IES A Sangriña: 

  • Prazo de entrega IMPRESOS PREMATRÍCULAS: do 11 ao 18 de maio.
  • CONSERXERÍA do IES A Sangriña.
  • HORARIO. De 9:30 a 12:30 horas.

3. O período de formalización da matrícula para ESO e Bacharelato será do 1 ao 10 de xullo. O centro informará do calendario para a matriculación dos distintos grupos dentro do devandito período.

Os impresos de prematrícula están dispoñibles nos documentos adxuntos.

Atención telemática e desenvolvemento do terceiro trimestre.

Achegamos información para alumnado e familias sobre o terceiro trimestre do presente curso 2019-2020 no documento adxunto.

Distribuir contido


by Dr. Radut