ALUMNADO QUE NON POIDA ASISTiR - CAUSAS DERIVADAS DA COVID-19

ALUMNADO OFICIAL: O alumnado oficial que non poida presentarse a unha das convocatorias por estar cummprindo unha medida de illamento ou corentena, e non supere todas as actividades de lingua, promocionará ao seguinte nivel e deberá recuperar as actividades non superadas na convocatoria ordinaria do curso 2021.

CASOS EXCEPCIONAIS:

Alumnado que non poida asistir a ningunha das convocatorias: realizará unha proba de promoción que lle permitirá a asignación, ou non, ao nivel superior. Neste caso, poderá certificar na convocatoria do curso seguinte sen ter que aboar ningún tipo de taxa.

IMPORTANTE: Deberá achegar xustificación documental a infosecretaria.eoipontevedra@gmail.com nun prazo de 3 días hábiles a partir do día da proba ao que estaba convocado/a.

Renuncia á promoción: este alumnado poderá repetir curso presentando a súa renuncia perante a Dirección da Escola no prazo establecido. Esta renuncia computará para os efectos de permanencia.