Växholm, Sweden: Vote in the Photo Caption Contest!

Xa estamos de volta da viaxe que o alumando de inglés fixemos a Estocolmo. Agora pedímosvos a todos e a todas que votedes pola vosa foto e pé de foto favoritos no Växholm Photo Caption Contest. Son fotos que tomaron os alumnos/as durante a visita á illa de Váxholm, no arquipélago de Estocolmo.

Para votar, entrade aquí, e premede no corazón da vosa foto favorita. Pedímosvos que valoredes non só a foto, senón tamén a orixinalidade e adecuación do pé que a acompaña. Pódese ampliar as fotos premendo nelas. Os pés de foto teñen un límite de palabras según o nivel do alumnado que as publicou: Básico: 15 palabras, Intermedio: 12 palabras, Avanzado: 7 palabras, C1: 5 palabras. Pódese votar até o 10 de maio. A foto gañadora publicarase o día 14 de maio nesta páxina web e nas redes sociais da EOI.