Visita organizada para alumnado da EOI á Feira Innovart 2024

inscrición Innovart

Queres participar nunha visita organizada para o alumnado da nosa escola á Feira Innovart na Cidade da Cultura o vindeiro 19 de abril?

 Que é Innovart?

Trátase dunha feira de promoción das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas de Galicia, organizada pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e que terá lugar os días 18 e 19 de abril na Cidade da Cultura de Galicia. O acceso é gratuíto e o horario de apertura será de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas.

Innovart 2024 inclúe actividades interactivas que requiren inscrición previa. Por iso, Imos ofertar prazas para os/as 30 alumnos/as que primeiro se inscriban completando este formulario antes das 23h de mañá, 4 de abril. 

O venres 19 de abril, sairá un autobús da EOI ás 16:00h hacia a Cidade da Cultura. Alí, poderás participar en alomenos 3 actividades que deberás escoller previamente a través do formulario. Unha vez inscrito/a, recibirás un correo electrónico de confirmación con máis información.

Anímate!