Visita guiada en inglés ao Museo da Maxia

O departamento de inglés da EOI de Santiago organiza unha saída para asistir a unha visita guiada en inglés no Museo da Maxia Kiko Pastur en de Santiago de Compostela!
Se formas parte do alumnado da escola e tes mais de 18 anos, podes acompañarnos nesta aventura. Reserva a túa praza neste formulario, son limitadas!

DATA: 13 de marzo
HORA: Encontro fora do museo 16:30. Visita: 17:00. Duración da visita: 45 minutos
LUGAR: Museo de Maxia Kiko Pastur (Santiago)

CONTACTO: ispita@eoisantiago.org

*A realización desta actividade está suxeita á participación dun mínimo de estudantes