Scórpio e Carvalho Calero en Compostela

Carvalho CaleroUn paseo guiado pola cidade arredor da novela e do seu autor.

Nesta visita guiada descubrirás a Compostela que Ricardo Carvalho Calero retratou na súa novela Scórpio. Ademais, coñeceremos os lugares que formaron parte da vida deste autor ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas no 2020. Apúntate na conserxería e experimenta outra maneira de vivir a cidade e de gozar da cultura en galego!

Mércores, 15 de decembro de 2021 ás 17:30, punto de encontro: rúa Carreira do Conde núm. 4.

Organiza o departamento de galego.