Trip to Stockholm: 18th-22nd March 2020

EstocolmoThe Swedes are ranked among the first in the world at speaking English. Do you want to see it for yourself? All students are welcome, from A1 to C2.

O prezo da viaxe é de 750 EU, e inclúe:

- Billetes de avión de ida e volta con IBERIA dende Santiago.
- Traslado ao hotel dende o aeroporto e viceversa.
- Estancia en réxime de aloxamento e almorzo (breakfast) nun hotel de 4 estrelas.
- Habitacións dobres, con posibilidade de triples (desconto de 10EU por persoa) ou individuais (con suplemento).
- Póliza de Seguro de Asistencia e Responsabilidade Civil

Para as actividades obrigatorias hai que facer unha achega de 75 euros por persoa en concepto de bonos de transporte, entradas a institucións públicas e visitas guiadas por profesionais. Consulta aquí o programa.

Hai un máximo de 25 prazas para o alumnado, coas seguintes condicións:

- Alumnado oficial de inglés matriculado no curso 2019-20 (Vite e seccións)
- Só alumnado maior de idade.
- Asistencia obrigatoria as actividades programadas, que serán en inglés (ver documento adxunto).

Teremos unha xuntanza informativa que NON é de obrigatoria asistencia e coa representante da axencia de viaxes o martes 15 de outubro ás 16:00h Salón de Actos da EOI de Santiago de Compostela (Vite).

PRAZO DE INSCRICIÓN PECHADO.

Organizado polo Departamento de Inglés.

Foto | Benoît Derrier