Exposición Ovos de Pascua

Vota polos tres ovos máis bonitos!

Despois da elaboración de ovos de Pascua de forma tradicional, como se fai en países de fala alemana, por parte do alumnado do departamento de alemán, estes agora expóñense na zona da entrada da escola. Todos os alumnos da escola poden votar os tres ovos que mais lle gustan.

Do 4 ao 12 de abril do 2019 na entrada da escola, o día 12 publicaranse os/as gañadores/as.