O CASTELO DA ROCHA VELLA

OLA AMIGAS E AMIGOS!!!

Na escola de Outeiro levamos uns días falando dos castelos porque  limos un conto titulado

O CASTELO DA ROCHA VELLA, xa que imos ir ó Auditorio ( en Santiago) a ver unha obra de teatro sobre o conto.

Observamos diferentes fotos para clasifica as que nos parecían castelos ou non.

Mirade!!!

 

   
   

 

Despois de observa as fotos comentamos:

QUE HAI NESTAS FOTOS?

- Castelos.

- Non, todos non. Ese é o do pequeno Dalí.( Miguel Barros recoñeceu o Museo de Dalí porque temos o conto na aula).

- Tamén hai unha igrexa.

- A igrexa é a máis rica de todas porque está feita de ouro.( rá`pidamente Carla replica que parece ouro pero que é o reflexo do sol).Especificamos que esa igrexa é a Catedral de Santiago e seguimos falando dos castelos.

- Os castelos son máis grandes.

- Chegan ata o ceo.

- O da Rocha Vella non porque está destruido.

- Nos castelos hai cousas moi antigas.

- Están cheos de pedras.

- Nos castelos vivían os romanos.

- Príncipes.

- Cans malos para atacar aos que ían destrozalos.

Despois de tanto falar buscamos diferentes castelos en Internet. Algúns parecían embruxados, tamén os hai de area.

 

Os nenos e nenas solicitan facer os seus propios castelos:

Ademáis durante os próximos días axudámonos de páxinas webs doutros colexios que estudaron a Idade Media (é a época dos castelos) e através delas aprendemos e xogamos moito.

Botádelle unha ollada!!!

http://ceipseara.blogspot.com/2009/04/xogo-lim-sobre-idade-media.html

http://nea.educastur.princast.es/caballeros/