CIENCIA NA ESCOLA 23-24: "PROXECTO VERMES DE SEDA CON I.A. NA ESCOLA DE CAPELA"

Ola a todos e a todas,

os nosos compañeiros e compañeiras de Capela están a desenvolver xunto cos seus compañeiros e compañeiras de infantil un proxecto sobre os vermes de seda e decidiron, axudándose da Intelixencia Artificial crear unha presentación sobre o ciclo de vida destes animais. Utilizaron unha aplicación chamada Gamma, que lles permitiu crear unha presentación dinámica e educativa. Nesta actividade, os nenos e nenas plasmaron o que aprenderon sobre o ciclo de vida dos vermes e como utilizar a I.A. de maneira creativa e responsable no proceso educativo. Baixo a guía das profes Celia e María, exploraron as funcionalidades de Gamma e decidiron que contido incluír na presentación.

 

Traballaron en equipo para seleccionar as mellores imaxes e con axuda das profes redactaron o texto de cada diapositiva, asegurándose de transmitir de maneira clara e concisa a información sobre o ciclo de vida dos vermes de seda.

Unha vez completada a presentación quixeron compartila con todos nós. Clicando na imaxe de abaixo podes entrar na presentación, unha vez dentro clicar en "presentar" e pulsando nas frechas do teu teclado poderás avanzar para ver todas as diapositivas que fixeron. 

 

Foi unha experiencia enriquecedora que demostrou como a combinación da tecnoloxía e o aprendizaxe colaborativo pode xerar resultados sorprendentes! @s nos@s compañeiros seguen a investigar o proceso de vida dos vermes (ou.... deberíamos dicir eirugas ou larvas? Ahí o deixamos) que teñen na escola, que acaban de eclosionar e están engordando rápidamente comendo das saborosas follas de moreira que lles gustan tanto. Aquí vos deixamos unhas fotos de como van os "vermes" de Capela:

       

Ata á proxima!