15ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA 21-22: CONSTRUCTORES

        

 

Hoxe no noso club de ciencia traballamos xeometría dun xeito diferente e divertido. Con paus de madeira e bolas de plastilina tivemos que resolver distintos retos que nos plantexaron María e David.Con tempo limitado tivemos que facer distintas figuras, tanto planas como en 3D. Traballamos a destreza manual, a orientación espacial, a capacidade de concentración e a nosa creatividade na construción de figuras libres.

Ao final tiñamos que construir unha figura todos xuntos colaborando en equipo, foi estupendo e pasámolo moi ben!