XORNADA DE FORMACIÓN CLUB DE CIENCIA 2021-2022

O pasado xoves 17 de febreiro o profesorado do CRA de Rianxo participamos nunha xornada de formación do club de ciencia sobre recursos e actividades para traballar o mundo mariño nas aulas de infantil e 1º ciclo de primaria. A ponencia correu a cargo de María e David de Arenaria Coordinación que como non, trouxéronnos moitísimo material  e ensináronnos moitas actividades que podemos levar a cabo nas nosas aulas.

       

 

Aprendimos un montón de cousas para enriquecer con actividades e experimentos o noso proxecto "OcéanoCRAfico: estudo e conservación do medio mariño" e por suposto pasamos unha tarde xenial experimentando e manipulando con María e David. Grazas chicos!