12ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA 21-22: QUÍMICOS POR UN DÍA.

         

 

Hoxe o noso club de ciencia converteuse nun auténtico laboratorio de química. María e David trouxéronnos distintos materiais de traballo xa coñecidos por nós pero que nos encanta utilizar como son as pipetas ou os tubos de ensaio, e convertímonos en químicos por un día.

Experimentamos coa acidez de diversos produtos químicos. Comprobamos a acidez usando o xugo de col lombarda para ver a reacción nos cambios de cor dos distintos líquidos que empregamos e falamos dos procesos químicos que se producían nas diferentes mesturas.

Pásamolo moi ben e aprendemos un montón!