Club de ciencia, organización dos grupos

A organización dos grupos para asistir os mércores polas tardes  ás actividades do Club de Ciencia queda así:

De 16:00 a 17:00 escolas de Cruceiro, Cuvide, Pazo, Quintáns,  Raño e Outeiro

De 17:00 a 18:00 escolas de Abuin e  Capela.

Este mércores 30 poderanse axustar os horarios para aquelas familias que teñan dificultades para asistir ás horas que se propoñen.

Lembrar que a actividade é gratuita e poden asistir os nenos e nenas de 1º e 2º de E.Primaria. e os nenos e nenas de 6º de E.Infantil.

Informar tamén que  a Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, resolveu admitir ao C.R.A. de Rianxo dentro dos centros docentes que neste curso participarán no programa de Innovación "Club de Ciencia"

Enlace á información da Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.