MULLER TRABALLADORA

Neste día conmemorativo da MULLER TRABALLADORA, na  escola de Rañó tivemos a sorte de contar con moi boa compañía. Pili, mamá de Pablo, ama de casa e mariscadora  “a flote”,   veunos contar en que consiste esta arte tan nósa, tan de Rianxo, e que ata fai poucos anos era un oficio no que só había homes, pois as mulleres eran mariscadoras de “a pé”.

 

Foi a nosa ocasión para preguntarlle todo aquilo que quixemos saber e analizamos de primeira man as partes que compoñen o seu uniforme de traballo e a súa ferramenta fundamental, o rastro.

 

Non nos perdemos detalle e gustounos moito a todos e todas.

 

 

PILI, MOITÍSIMAS GRAZAS POR REGALARNOS ESTE FANTÁSTICO MOMENTO!