VISITAMOS A BIBLIOTECA DE DANIEL

Coma no 1º trimestre, o pasado luns volveunos  tocar visita á biblioteca do noso amigo Daniel. Alí acompañáronnos as mestras Patri e Cris "as dúas de negro", como dicían algúns/as. Elas as dúas transportáronnos a nun abrir e pechar de ollos a Padrón, á Casa da Matanza, onde compartimos unha agradable xornada coa nosa escritora favorita, María Rosalía Rita de Castro.

 

Na aula de música case entramos co chuvasqueiro posto porque as gotiñas non paraban de pingar…

 

Disfrutamos moito tocando instrumentos e facendo coreografías con esta canción.