RECOLLIDA SOLIDARIA

A Anpa "Irmáns Ínsua" , en colaboración coa Concellería de Servizos Sociais, promove unha nova campaña de recollida solidaria de produtos de hixiene e limpeza, xoguetes e libros en bo estado, roupa de inverno e alimentos non perecedoiros.
As donacións pódense entregar nas escolas ou na sede do Cra ata o xoves 18 de decembro.