Arts & Crafts

Este curso escolar o CRA de Rianxo pon en marcha dúas Seccións Bilingües nas aulas de Capela Primaria e Pazo Primaria. Este proxecto de innovación consiste en impartir unha materia non lingüística (neste caso a plástica) de xeito bilingüe, é dicir, na lingua dos alumnos/as e na lingua estranxeira que están a cursar, o inglés. 

Os obxectivos deste programa son mellorar a competencia lingüística en inglés proporcionando un contexto real no que os alumnos/as poidan usar a lingua estranxeira e establecer conexións coa súa lingua nai, ao mesmo tempo que reforzamos a súa atención e motivación nunha área de carácter moi visual e manipulativo.

Máis información no espazo de Linguas Estranxeiras do portal web da Consellería de Educación.