VISITA DOS NENOS DO CRA DE RIANXO AO CEIP CASTELAO

ONTE 29 DE MAIO, OS NENOS/AS DO CRA DE RIANXO FOMOS A VISITAR O COLEXIO CASTELAO, PARA ONDE IMOS IR O  PRÓXIMO CURSO.

ALÍ, ADEMAIS DE COÑECER AS INSTALACIÓNS E COMPAÑEIROS/AS DO VINDEIRO CURSO, REALIZAMOS DISTINTAS ACTIVIDADES.

UNHA DELAS FOI A INVENCIÓN DUN FERMOSÍSIMO CONTO QUE REALIZAMOS ENTRE TODOS OS NENOS/AS DE 2º DE PRIMARIA E QUE QUEREMOS COMPARTIR CON TODOS VÓS.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!

 

UNHA BIBLIOTECA EN PERIGO

Nunha vila mariñeira chamada Rianxo, vivían tres pandillas de nenos/as: os Chupalibros, os Inventores de Palabras e os Libros Rotos.

Os Chupalibros adicábanse a levar moitos libros para a casa e alí manchalos de tinta, de zume, de leite, de sopa...

Os Inventores de Palabras non lían nin unha palabra ao dereito, nunca entendían nada do que aparecía nos libros...

Os Libros Rotos rompían tódolos libros que caían nas súas mans: libros de aventuras, poesías, comics... ás veces incluso utilizaban algunha tesoira.

A biblioteca da vila daba pena vela: os andeis estaban cheos de arañeiras, os libros rotos e cheos de manchóns, ulía fatal e, o máis importante, a penas tiña visitantes. Era unha biblioteca triste.

Un día de primavera chegou un grupo de artistas á vila, os Rescatalibros. Chamábanse: Borja, Brais, Daniel, Helena, Samuel, Aitana, Lucas, Maira, Xaquín e Samuel.

Na praza adicábanse a ler poesías, facían teatro, contaban fermosas historias, inventaban e escribían contos.

Os nenos e nenas na vila observaban coma os Rescatalibros disfrutaban coas historias, sorrían, divertíanse, emocionábanse e , sobre todo, observaban que eran felices.

Un neno da vila chamado Sergio tivo a gran idea de imitar o que facían aqueles artistas e, pouco a pouco, tódolos nenos e nenas empezaron a disfrutar coa poesía, co teatro e con todas as lecturas que caían nas súas mans.

Decidiron facer da biblioteca o lugar máis agradable da vila. Decoraron con murais as súas paredes, limparon as arañeiras, arranxaron os libros, expuxeron as súas propias poesías e contos,...

Un día de primavera os Rescatalibros desapareceron da vila. Todo o mundo se preguntaba a onde irían. Sergio sabía a resposta:

OS RESCATALIBROS VAN FACER FELICES A OUTROS NENOS/AS!!

FIN

Nenos e nenas de 2º do colexio Castelao e do CRA de Rianxo.