SORPRESA EN QUINTÁNS!

Esta mañá mentres estabamos na clase de Relixión na escola de Quintáns tivemos un curioso visitante, queredes saber de quen se trata?

Pois síiiiiiii! acertáchedes, veunos visitar o noso amigo o Arco da Vella, vímolo pola fiestra mentres traballabamos e llo ensinamos a profe Celia

Estaba precioso e se vía moi ben, e como nos gustou tanto decidimos compartir estas imaxes con todos vós. Esperamos que vos gusten, moitos bicos dos nenos e nenas de Quintáns.