ENTROIDO 2014

Por fin chegou a tan desexada semana do ENTROIDO, e con el... as consignas de "Toribiña" para poder entrar no cole...

E como non podía ser doutro xeito... SEGUÍMOLAS AO PÉ DA LETRA !!

Durante a semana... estivemos coñecendo algúns dos disfraces típicos de Galicia, facendo unhas divertidas caretas...

E TRABALLANDO MOIIIIIIITÍSIMO PARA FACER OS NOSOS DISFRACES DE...VOLANTEIROS !!!

(marcamos, cortamos, clasificamos por cores e logo por tamaños, montamos, etc)

PARA OS QUE NON O SABEDES...

OS VOLANTES OU VOLANTEIROS son uns disfraces típicos de Chandada (Galicia).

Trátase dunha estructura con forma ovalada chea de flores de tela de distintas cores que se coloca enriba da cabeza e da que colgan cintas de moitas cores. Esta estructura pode chegar a pesar de 15 a 18 kilos e sempre é levada por homes.

Os volantes ou volanteiros son os encargados de bailar ao redor do Santo Entroido unha vez que se leva a enterrar para o fin das festas. Mentres eles bailan e o cura do pobo o intenta resucitar, o Santo Entroido fuxe do seu sepelio, para non volver ata o seguinte Entroido.