A BRUXA ANOXADA

Un dos conceptos máis importantes dos valores cristiáns é a Paz. Como cada ano os nenos e nenas de Reli conmemoramos o Día da Paz a través de diversas actividades, este ano empezamos traballando sobre un conto titulado:

La bruja enfadada, J. Sennell , ed. Círculo de Lectores

 

A través da lectura deste conto, reflexionamos sobre o comportamento dos seus persoaxes e  decubrimos que a violencia nunca sirve para nada , excepto para facerlle dano aos demáis. Traballamos dende o punto de vista emocional as consecuencias negativas que conleva deixarse levar polo enfado e a ira que tan ben se reflicten nesta historia. Para rematar fixemos a nosa propia versión do conto:

 

A BRUXA ANOXADA

 

Unha vez unha bruxa chamada Damedá que vivía no Poboado das Bruxas, iba paseando pola praza do pobo cando se atopou cunha receita tirada no chan.

 

Sen preguntar de quen era foise para a súa cova e comezou a elaborala. Era a receita do mexunxe verde que lle fai crecer o nariz a xente.

 

Tivo que ausentarse un instante da cociña para ir buscar un ingrediente á despensa, pero cal non sería a súa sorpresa cando ao voltar á cociña atopouse a ola rota e o mexunxe tirado polo chan.

 

Entón, moi anoxada, colleu na man un anaco da ola rompida e saiu a rúa berrando.

 

A bruxa máis bruxa de todas que ademáis era a bruxa que máis mandaba mandou poñer a todas as bruxas cos pes para arriba para averiguar quen lle rompera a ola a Damedá, posto que quen o fixera tiña que ter as solas dos zapatos manchadas de verde.

 

Era a bruxa Trastarrota que contou que lle rompera a ola porque Damedá lle roubara a receita,

 

e o soubo nada máis pasar por diante da súa cova cando lle chegou o cheiro do mexunxe que saía pola fiestra.

 

As dúas bruxas empezaron a berrar coma tolas: 

 

Entón a bruxa que máis mandaba lles dixo que berrando non ían a solucionar nada, só iban a conseguir facerse dano:

 

Como as bruxas non deixaban de berrar a bruxa que máis mandaba lles propuxo unha solución, que Damedá lle devolvera a receita a Trastarrota e que Trastarrota lle dera a súa ola a Damedá. 

 

 As bruxas decidiron facer as paces, pero estaban tristes porque ningunha das dúas podía facer o mexunxe verde, unha porque non tiña a receita e a outra porque non tiña ola:

 

 Pero a bruxa que máis mandaba lle dixo que se a facían as duas xuntas poderían ter mexunxe verde sempre que quixeran. E así o fixeron:

 

As dúas bruxas puxéronse moi contentas e se fixeron moi amigas, descubriron que a violencia nunca sirve para nada só para facer dano, e que falando e respetando aos demáis todos os problemas teñen solución. 

 

FIN


Bueno esperamos que vos gustase o noso conto, moitos biquiños e ata a próxima! Deixámosvos ca galería de imaxes da actividade: