TEMPO DE COGOMELOS

Vanesa, a mamá de Selenia, acompañounos outra mañá na escola. O pasado curso viñera explicarnos moitas curiosidades dos animais. Lembrádesvos ?

Desta vez veu falarnos dos cogomelos, que por algo estamos no tempo deles. Escoitándoa recordamos  e aprendemos un montón de cousas asombrosas destes seres vivos. Sorprendeunos moito, por exemplo, descubrir que os cogomelos non son plantas, por eso non pertencen ó reino das plantas ( nin dos animais,claro ), senón  ó reino dos fungos ( como as levaduras e o mofo ) e que os cogomelos fórmanos algúns fungos para poder reproducirse e asegurar a súa existencia na natureza. Asombroso, non si ? 

Na próxima semán nós imos deixar apodrecer unha froita na escola para que o cogomelo que nos deixou Vanesa teña algúen do seu reino facéndolle compañía. Xa vos contaremos.