Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Mirón

Imaxe de Jacqueline

AVESPAS VELUTINAS

A semana pasada recibimos unha visita moi interesante na escola, grazas á colaboración do Concello de Carballo, que nos falou sobre a avespas velutinas. Aprendimos moitas cousas sobre estes insectos, observando imaxes, descubrindo o seu impacto na natureza e de aí a importancia de loitar contra elas. Incluso puidemos ver como son os seus niños, observando un de verdade na aula.Tamén nos ensinaron a facer trampas cunhas botellas de plástico. Pasámolo moi ben.

Imaxe de Jacqueline

CUMPLE DE HUGO

Nesta primeira semana tras a volta das vacacións de Nadal, celebramos o aniversario de Hugo que cumpriu 6 aniños durante estas festas. Mirade que guapo está coa súa coroa decorada por el mesmo.

Moitos parabéns Hugo!

 

Imaxe de Jacqueline

VISITA DO APALPADOR

Hoxe recibimos a visita do Apalpador na nosa escola. Estivemos moi expectantes ata que chegou. Ata saímos ao patio a recibilo! Unha vez dentro da aula, o Apalpador contounos cousas sobre o moito que lle gusta a natureza. Por iso, nós lle agasallamos cun mural sobre a Píllara, que é un paxariño que ao Apalpador lle gusta moito. Tamén tivemos moita sorte porque o noso amigo trouxo un agasallo con el. Foi Hugo, o encargado do día, o responsable de descubrir de que se trataba: un conto sobre o polo Pepe! Moitas grazas Apalpador!

 

Imaxe de Jacqueline

CUMPLE DE IGNACIO

Hoxe foi un día especial porque celebramos o aniversario de Ignacio. O máis pequecho da clase xa cumpriu 3 aniños!

Para celebralo cantámoslle entre todos varias cancións de cumple e, con moita ilusión, Ignacio decorou a súa coroa de aniversario. Ademais, na hora da merenda puidemos degustar un biscoito exquisito que trouxo o protagonista do día. Moitas grazas e moitos parabéns!

Imaxe de Jacqueline

NADAL

Agora que xa se está achegando o Nadal comezamos a decorar a aula. Por iso, nesta semana pintamos e decoramos entre todos unha árbore de Nadal. Foi unha actividade moi divertida, sobre todo no momento en que lle puxemos purpurinas á árbore. Aquí podedes comprobar o resultado. Agardamos que vos guste.

Bicos!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut